O PP de Pontevedra presenta "balance de xestión eficaz, propostas serias e o mellor equipo de candidatos" para saír a gañar o 28 de abril

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra presenta "balance de xestión eficaz, propostas serias e o mellor equipo de candidatos" para saír a gañar o 28 de abril

    • O presidente provincial, Alfonso Rueda, e a número un ao Congreso, Ana PaStor, reivindican aos populares como a única alternativa a Pedro Sánchez nun mitin en Pontevedra xunto a Rafa Domínguez.

     

    Pontevedra, 14 de abril de 2019.-  Balance de xestión eficaz, propostas serias para Galicia e o conxunto de España e o mellor equipo de candidatos para defender os intereses da provincia en Madrid. Esta é a carta de presentación do PP pasa sair a gañar nas eleccións do vindeiro 28 de abril e tras elas as do 26 de maio.

    Así o defenderon hoxe en Pontevedra o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, e a número un da lista ao Congreso pola provincia, Ana Pastor, durante a sua participación nun mitin celebrado na Casa da Cultura do Lérez xunto ao candidato á Alcaldía á cidade, Rafa Domínguez.

    Un acto no que Alfonso Rueda incidiu en que o PP e un partido forte e unido, preparado para gobernar, que sabe o que fai e que está sempre, por riba de modas pasaxeiras e oportunismos.

    Deste xeito destacou que os candidatos que conforman as listas ao Congreso e ao Senado son os mellores para defender os intereses da provincia en Madrid, combinando experiencia e aposta pola renovación e dabdo prioridade á representación territorial. "Saímos a gañar", dixo. "Ter a Ana Pastor como número un ao Congreso é un luxo".

    Pola súa banda, Ana Pastor lembrou que o PP ten "folla de servizos" e que é a única alternativa ao goberno de Pedro Sánchez. "Quen quera que goberne o PP ten que votar ao PP e a Pablo Casado, que vai ser un gran presidente para que España volva a ser o pais do emprego e das oportunidades", finalizou.

Add comment


Security code
Refresh