O CONCELLO DO PORRIÑO PERDE A SUBVENCIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DUN SKATE PARK

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO DO PORRIÑO PERDE A SUBVENCIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DUN SKATE PARK

     

    • O Goberno Municipal renunciou a levar a cabo a obra por non ter iniciado ainda os trámites para proceder á licitación da instalación.
    • O Concello non só renuncia á axuda e a realizar a obra, senón que deberá devolver os 11.000 euros que ingresou como anticipo por parte de Agader.

     

    O Porriño, 5 de xullo de 2019.- A Alcaldesa do Porriño fixo oficial o pasado 28 de xuño a súa renuncia á subvención concedida pola Xunta ao abeiro da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para a construción dunha pista de Skate en Torneiros.  Así o decretou a rexedora quen xustificou esta decisión por "non ter iniciado ainda os trámites para proceder á licitación da instalación" e por conseguinte, resultar imposible levar a cabo a mesma en tempo e forma, renunciando a levar a cabo a obra.

    "Pese a terse anunciado en campaña este proxecto a renuncia dábase practicamente por feita, unha vez máis, pola mala xestión do goberno municipal", apuntou o concelleiro Alejandro Lorenzo. E é que o proxecto presentado para recibir a achega localizábase nas pistas deportivas do parque do Piñeiro, no Centro Cultural Alba, máis, no recinto onde estaba proxectada a instalación da pista de Skate, coincidindo coa campaña electoral e como consecuencia das reiteradas denuncias dos populares e da veciñanza, levaronse a cabo obras de acondicionamento e mellora.

    A obra proxectada ascendía a preto de 60.000 euros aportanto a Xunta 25.700,83 euros.

    "A falta de previsión e proxecto de Eva García lévanos unha vez máis a ter que pagar pola súa ineficacia", lamentou Lorenzo, "O Concello non só terá que renunciar á axuda, senón que deberá devolver os 11.000 euros que solicitou como anticipo por parte de Agader".

    A xestión dos fondos propios e procedentes doutras administracións por parte do executivo socialista de Eva García leva en entredito os últimos catro anos. Nun Concello con pagos pendentes a provedores por case 6 millóns de euros, que incumpre de xeito contínuo a regra de gasto, os criterios de sosteñibilidade financieira e o plan económico financieiro, poñendo en risco a solvencia do Concello do Porriño, a aportación económica das distintas administracións públicas revelase esencial.

Add comment


Security code
Refresh