Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda critica a falta de limpeza por parte do Concello trala celebración do San Cristovo na Bandeira

     

    Silleda, 10 de xullo de 2019.- O Partido Popular de Silleda denuncia que ata a mañán de este mércores o Concello seguía sen levar a cabo as labores de limpeza do parque da Bandeira trala celebración do San Cristovo, polo que aínda se atopa con cristais rotos e restos de vasos e papeis.

    Esta situación provocou novamente que os nenos non puidesen disfrutar deste espacio de xogo durante toda a xornada do domingo, luns e martes cando menos. O estado no que se atopaba o parque impedía que os rapaces pudesen xogar con seguridade ante a perigosidade de que se producisen cortes o xogar nesta zona.

    Dende o Partido Popular de Silleda salientan que esta non é una situación nova, senon que se ven producindo ano tras ano, sen que dende o goberno municipal se tome ningún tipo de medida para afrontar esta situación, o que mostra a deixadez do goberno ano tras ano ante esta situación.

    O grupo Popular di que  “Non e de recibo que mentras a comisión encargada da celebración se preocupaba na xornada do sábado de manter limpa a zona, dende o Concello se mostre ese pasotismo ante a celebración de calquer evento festivo, e non se prevea a limpeza das zonas nas que se levan a cabo os festexos, sobre todo cando nese espazo público existe un parque infantil, xa que non estamos falando só dunha cuestión de salubridade e limpeza, se non tamén de un problema de seguridade para os máis cativos que de caer poderíanse facer moito dano cos cristais”.

    Novamente a falta de previsión e a mala xestión dos recursos do Concello afecta a tódolos veciños, así vimos como tampouco se acometeu a limpeza da rúa na que tradicionalmente se concentran os vehículos antes da saída da tradicional procesión do San Cristovo, que ofrecía un estado de limpeza lamentables.

    Dende o Partido Popular esperan que esta circunstancia non se volva a repetir nas próximas festas que se celebran no Concello, cuxa vindeira cita son as festas do Lacón de Silleda. “Novamente dende o Partido Popular esixímoslle responsabilidade ó grupo de goberno e que poña en marcha un plan de limpeza que permita conciliar o uso festivo dos espazos públicos co seu uso normal trala celebración destas citas, sobre todo se temos en conta que hai medios disponibles máis que suficientes, tanto materiais como humanos.”