O PP critica o “despilfarro” do Bipartito, “o Goberno máis caro da historia da Cañiza”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica o “despilfarro” do Bipartito, “o Goberno máis caro da historia da Cañiza”

    • Vai custar 492.037,20 euros este mandato, o dobre que o anterior goberno de Miguel Domínguez.
    • “Aos veciños se lles di que non hai cartos para atender as súas necesidades, pero si hai fondos para subir os soldos ata o máximo que permite a lei”, critica o voceiro popular.
    • “Este é o alto prezo dos dobres Gobernos, que non asinan programas nin proxectos en beneficio dos veciños, pero si reparten soldos”, engade.

     

    12, xullo, 2019.- O Partido Popular critica o “despilfarro” que vai supoñer o Bipartito PSOE-Ciudadanos para os veciños da Cañiza. “O Goberno máis caro da historia vai custar ás arcas municipais preto de 500.000 euros este mandato”, lamenta o voceiro do PP, Miguel Domínguez.

    “Este é o alto prezo dos dobres Gobernos, que non asinan programas nin proxectos en beneficio dos veciños, pero si reparten soldos”, engade. Por iso, considera que “os veciños da Cañiza deben ser conscientes do que lles vai supoñer este negocio do Bipartito. Un despilfarro que vai custar 492.037,20 euros este mandato, prácticamente o dobre que o anterior. O Goberno máis caro da historia”.

    Luis Piña vai cobrar 15.000 euros netos máis que o anterior alcalde, e polo tanto cobrará o máximo que permite a lei para un concello coa poboación da Cañiza, que son 47.759,30 euros. Cobrará así máis que a alcaldesa do Porriño, que nun concello de 20.000 habitantes terá un soldo de 41.000 euros, ou que a de Redondela, que con 30.000 habitantes cobrará 45.000 euros.

    Ademais, durante os próximos catro anos os veciños tamén pagarán os soldos de outros dous concelleiros. O único edil de Ciudadanos cobrará 33.500 euros anuais, “que para asinar un pacto, segundo o que manifestou, lonxe de intereses persoais e egoístas, non sae nada mal parado”, ironiza Domínguez. O outro soldo será para a edil Paula Bacelar, que ganará 18.750,00 euros ao ano. Ademais dos tres soldos políticos, tamén mantén a contratación de un asesor persoal, que cobrará 23.000 euros anuais.

    “Isto non o explicaron Ciudadanos nin PSOE durante as súas campañas, nin tampouco no pleno de constitución. É froito do mercadeo dos despachos para evitar que goberne a lista máis votada. Non foron capaces de acordar un proxecto ou un programa común para os veciños da Cañiza, pero si de establecer que hai 3 concelleiros con soldo”, denuncia o voceiro popular.

    Para Miguel Domínguez resulta contraditorio que, por unha parte, Piña leve un mes convertendo as reunións cos diferentes colectivos municipais en mítines para atacar ao PP e criticar a situación económica do concello e, ao mesmo tempo, “hipoteque as contas municiais para subirse o soldo el e para liberar a outros dos concelleiros. Polo tanto, a situación económica non debe de estar tan mal como a pinta”.

    “Polo tanto, queda claro que quen ten a prioridade neste goberno Bipartito PSOE-Ciudadanos non son os veciños, aos que se lles di que non hai cartos para atender as súas necesidades, pero si hai fondos para subir os soldos ata o máximo que permite a lei”.

    DEIXA SEN COMPETENCIAS PLENO

    Por último, o PP critica que o novo Bipartito deixou sen competencias ao pleno municipal, onde están representados todos os partidos políticos, para delegar todos os temas importantes na Xunta de Goberno. “Incumpre unha das súas promesas electorais, que era fortalecer o pleno e dar transparencia e publicidade a todos os asuntos municipais”, conclúe.

Add comment


Security code
Refresh