Miguel Domínguez traslada ao Sergas as necesidades e prioridades para mellorar a atención sanitaria na Cañiza

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Miguel Domínguez traslada ao Sergas as necesidades e prioridades para mellorar a atención sanitaria na Cañiza

    • Amosa a preocupación pola continuidade da asistencia sanitaria no consultorio médico de Valeixe.
    • “As xestións para mellorar a calidade de vida dos veciños fanse directamente cos responsables de cada área, e non con recollidas de sinaturas propagandísticas”, sinala.

     

    31, xullo, 2019.- O voceiro do Partido Popular da Cañiza, Miguel Domínguez, e a concelleira Pilar Vicente, reuníronse co novo xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, para trasladarlle cales son as necesidades e prioridades para mellorar a atención sanitaria no concello.

    Entre outras cuestións, amosaron interese por mellorar a asistencia no centro de sáude da Cañiza e no consultorio médico de Valeixe. Sobre a falsa información que está promovendo o PSOE da Cañiza sobre o peche inmediato deste consultorio, desde a Xerencia transmitiron tranquilidade, e explicaron que a situación actual é debida exclusivamente á dificultade que teñen actualmente para cubrir as vacacións dos facultativos médicos, tal e como se viña facendo nos últimos anos. Así, garantizaron que a partir de setembro continuará a asistencia sanitaria en Valeixe.

    Miguel Domínguez tamén trasladou a necesidade de acometer melloras nas instalacións e na asistencia sanitaria en todo o concello, aspectos nos que seguirán avanzando en próximas reunións.

    Miguel Domínguez recorda que “as xestións para mellorar a calidade de vida dos veciños fanse directamente cos responsables de cada área, e non con recollidas de sinaturas propagandísticas”. Ademais, critica que o alcalde socialista continúe insistindo en falar do peche do consultorio médico de Valeixe cando sabe que é falso. “É unha irresponsabilidade maiúscula crear falsas alarmas entre os veciños entre temas tan sensibles como a sanidade”. Por iso, o PP pide ao alcalde “que asuma o seu cargo, que agora é época de xestionar e non de facer oposición. Que comece a traballar e non perda nin un minuto máis para defender os intereses dos veciños deste concello”.

Add comment


Security code
Refresh