SUCÉDENSE AS SENTENZAS CONDENATORIAS AO CONCELLO DO PORRIÑO POR IMPAGO A PROVEDORES AOS QUE SE LLES REXEITAN AS FACTURAS

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • SUCÉDENSE AS SENTENZAS CONDENATORIAS AO CONCELLO DO PORRIÑO POR IMPAGO A PROVEDORES AOS QUE SE LLES REXEITAN AS FACTURAS

    • O Xulgado do Contencioso Administrativo condena á entidade local ao pago de 468.000 euros á empresa encargada da xestión da piscina municipal, cuxas facturas eran rexeitadas de maneira reiterada pese estar prestándose o servizo e contar con partida orzamentaria destinada a tal fin
    • Os populares piden a Eva García que convoque o pleno extraordinario solicitado o pasado 18 de Xullo por este grupo para iniciar a revisión de oficio da facturación rexeitada e a investigación da mesma, algo que é competencia da Alcaldía e puido terse feito hai tempo, co fin de elaborar unha proposta de recoñecemento extraxudicial que permita abonar o pago aos provedores

     

    O Porriño, 2 de agosto de 2019.- Continúa o goteo de sentenzas condenatorias ao Concello do Porriño por impago a provedores. Nesta ocasión, o xulgado do Contencioso - Administrativo nº3 de Pontevedra ven de condenar á entidade local a pagar 468.000 euros, aos que se suman costas xudiciais e intereses de demora,   á empresa encargada da xestión da piscina municipal. O fallo xudicial chega tras o recurso presentado pola empresa que levaba anos sen cobrar polos servizos prestados. Tal e como veñen denunciando os populares, as facturas deste provedor de servizos eran rexeitadas polo Goberno Municipal de maneira reiterada, pese estar acreditado que o servizo se estaba prestando e contar con partida orzamentaria destinada a facer frente ao pago deste servizo, partida cuxos fondos se estaban a desviar a outros fins.

    "Mentres as sentenzas condenatorias se suceden, a Alcaldesa continúa sen dar explicacións de ningún tipo sobre a facturación rexeitada e a manipulación de parte destas facturas", afirma Alejandro Lorenzo, "Estamos ante unha estafa ás empresas  que prestan servizos e subministros ao Concello do Porriño, así como ao erario municipal que non ten porque asumir as costas xudiciais e intereses".

    Tal e como refire o voceiro dos populares, a devolución de centos de facturas por importe de 5 millóns de euros - evitando que a facturación se fiscalice por parte dos servizos de intervención- , supón un grave perxuizo para moitas empresas e autónomos que non cobran polos seus traballos e , do mesmo xeito, un azote á facenda municipal ao ter que facerse cargo das costas xudicias e intereses de demora consecuencia da xestión do executivo. "Esixiremos que se cumpla o contemplado no informe do Secretario Municipal e a Alcaldesa ou concelleiro correspondente ordenador do gasto das facturas rexeitadas responda co seu patrimonio", apuntou Lorenzo, "Os porriñeses e porriñesas non teñen que pagar a desastrosa xestión de Eva García e o seu equipo".

    Dende o grupo municipal do Partido Popular continúan esperando unha explicación da rexedora que evita rendir contas ante o pleno e iniciar o proceso de revisión de oficio solicitado polos populares para proceder ao pago das facturas pendentes a provedores.

    "Eva García prefire dar a calada por resposta e non render contas ante a veciñanza e ante o resto dos grupos da corporación. O pasado 18 de xullo solicitamos á Alcaldesa a celebración dun pleno extraordinario para abordar, coa pertinente documentación e informes a situación económica na que se atopa o concello, e iniciar a revisión de oficio da facturación pendente de pago, que ascende a máis de 5 millóns de euros", insiste Alejandro Lorenzo, "Solicitamos que se investigue a facturación rexeitada para proceder a elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial que facilite o pago a provedores, sen ter ata o momento resposta".

    A negativa da rexedora a iniciar esta investigación da facturación que permitiría proceder de xeito transparente e legal ao pago a provedores supón para os populares unha nova mostra da opacidade na xestión económica e política do executivo que preside Eva García. "As mentiras da Alcaldesa teñen un importante coste para O Porriño e pretende sostelas cargando responsabilidades contra o Partido Popular, ao ser incapaz de dar unha explicación ante a veciñanza das prácticas levadas a cabo os últimos catro anos, e pretende esconder o impago de facturas que son IRREGULARES tras  convocatorias de plenos para modificacións de crédito, a pesar de ter o informe de Intervención que lle expón o proceso a seguir,e solicitado por este grupo Popular a “ revisión de oficio", conclúe o voceiro dos populares.

    Dende o PP do Porriño insisten en instar á Alcaldía a convocar, tal e como é a súa obriga, os dous plenos extraordinarios solicitados polos populares.

Add comment


Security code
Refresh