O PP de Poio solicítalle aos 3 Alcaldes medidas urxentes para crear novas prazas de aparcamento en Combarro

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio solicítalle aos 3 Alcaldes medidas urxentes para crear novas prazas de aparcamento en Combarro

    • Concelleiro popular por Combarro, Tucho Muíños, solicítalle ao Tripartito unha solución urxente para o problema de prazas de aparcamento que existe en Combarro.
    • «No noso programa electoral –o máis apoiado o 26M cunha gran diferenza sobre o resto- xa levábamos a construción de novas prazas de aparcamento en Combarro porque son máis que necesarias para os veciños e para os turistas que recibimos»
    • «Señores e señoras do Tripartito: Poio non pode permitirse ter 3 Alcaldes e non dar solución aos problemas da veciñanza de Poio. Despois de 24 anos do BNG na Alcaldía e 16 do PSOE en coalición rematáronse as desculpas, o que necesitan os veciños e veciñas son solucións»

     

    08 de agosto de 2019. O Concelleiro popular por Combarro, Tucho Muíños, solicítalle ao Tripartito unha solución urxente para o problema de prazas de aparcamento que existe en Combarro.

    «Solicitámoslle novas prazas de aparcamento aos 3 Alcaldes xa non para atraer novos turistas senón para atender en boas condicións aos que xa veñen e facerlle o día a día máis cómodo á veciñanza desta parroquia. Os veciños e veciñas de Combarro están a sufrir un auténtico calvario, nalgúns casos teñen que camiñar máis de 1 quilómetro das súas casas e outros xa non van a casa a comer ao mediodía porque non teñen onde estacionar», indica Muíños.

    «No noso programa electoral –o máis apoiado o 26M cunha gran diferenza sobre o resto- xa levábamos a construción de novas prazas de aparcamento en Combarro porque son máis que necesarias para os veciños e para os turistas que recibimos», expresa Muíños.

    Os populares tamén solicitan a presencia de Policía Local para regular a baixada á Praza da Chousa xa que entenden que melloraría a fluidez do tráfico.

    «Señores e señoras do Tripartito: Poio non pode permitirse ter 3 Alcaldes e non dar solución aos problemas da veciñanza de Poio. Despois de 24 anos do BNG na Alcaldía e 16 do PSOE en coalición rematáronse as desculpas, o que necesitan os veciños e veciñas son solucións», indica Muíños.

Add comment


Security code
Refresh