O PP aclara a Carmela Silva que os da-tos de turismo non os elabora a Xunta, son do Instituto Nacional de Estatística

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP aclara a Carmela Silva que os da-tos de turismo non os elabora a Xunta, son do Instituto Nacional de Estatística

    • “Non sabemos si é esa obsesión que ten por confrontar a toda costa coa Xunta, ou que ela tampouco se fía xa do Goberno de Pedro Sánchez e pensa que pode estar Tezanos detrás destes datos”, ironiza Cubela.

     

    10, agosto, 2019.-  O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, aclara a Carmela Silva que os datos sobre a evolución do turismo que esta semana explicou o Conselleiro Román Rodríguez non os elaborou a Xunta de Galicia, senón que son os que recolle o Instituto Nacional de Estatística, que depende do Ministerio de Economía, no seu balance dos primeiros seis meses do ano.

    “Non sabemos si é esa obsesión que ten por confrontar a toda costa coa Xunta de Galicia, ou que ela tampouco se fía xa do Goberno de Pedro Sánchez en Madrid e pensa que pode estar Tezanos detrás destes datos”, sinala Cubela. “En calquera caso, xa lle aseguramos que pode estar tranquila, que a Xunta de Galicia é prudente e utiliza datos oficiais e que teñen credibilidade”, engade.

    Uns datos oficiais que “de seguro teñen moita máis credibilidade que ese método a ollo que utiliza Carmela Silva para valorar a afluencia de turistas á nosa provincia. Desde logo, si está comparando o que ela está vendo estes días coas cifras que recolle o balance do INE, xa lle dicimos que mal vai, que o balance é dos seis primeiros meses do ano e estamos en agosto”.

    Desde o PP, piden ao Goberno Bipartito da Deputación que sexan serios, que o turismo é un dos principais motores económicos desta provincia. “Esa obsesión de Carmela Silva por confrontar coa Xunta xa está prexudicando a esta provincia.  Esta actitude pode dárlle rédito político, pero desde logo, debe de recapacitar porque é a presidenta da Deputación de Pontevedra e nin o sector turístico nin os concellos sacan ningún beneficio con esta actitude”.

    Por iso, Cubela suxire a Carmela Siva que “deixe de perder o tempo cuestionando as cifras do Ministerio. A colaboración entre as administracións é fundamental, e de seguro que é o que está esperando todo o sector”.

Add comment


Security code
Refresh