O PP de Cuntis insiste en que os reparos e as irregularidades nas facturas son porque o Goberno se salta o procedemento de contratación e fiscalización

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Cuntis insiste en que os reparos e as irregularidades nas facturas son porque o Goberno se salta o procedemento de contratación e fiscalización

    • “A falta de medios pode derivar en que os informes salgan con maior ou menor celeridade, pero nunca son a causa que provoca os reparos”.
    • “Nin se tramita nin se contrata, soamente se manda facer e xa está, por riba de todo e de todos. E despois, cando o traballos están feitos e se facturan, é cando aparecen os reparos, para poñer en evidencia a irregularidade cometida”.
    • “Son os decretos do Alcalde os que levantan os reparos, aproban as facturas e ordenan os pagos. E só a partir de aí, o técnico pode seguir coa tramitación”.

     

    06, agosto, 2019.- O Partido Popular de Cuntis pide ao alcalde que deixe de mentir e buscar falsas escusas sobre os reparos de Intervención a 451 facturas por importe de 149.492 euros, dos que o único responsable é o equipo de Goberno.

    Así, en primeiro lugar, apuntan que os levantamentos de reparo non veñen provocados por unha falta de persoal no departamento de contabilidade. “Esa falta pode derivar en que os informes salgan con maior ou menor celeridade, pero nunca son a causa que provoca os reparos, porque os reparos e as irregularidades os provoca o equipo de Goberno”. Por iso, sinalan, “non podemos permitir que se cargue contra dito departamento municipal para xustificarse”. E se realmente existe falta de medios propios para a redacción de pregos de servizos, populares de Cuntis non entende cómo nos últimos catro anos (nos que Manuel Campos xa era o rexedor), non se puxo remedio, ben  contratando máis persoal, ben solicitando a colaboración doutras administracións.

    Ademais, resaltan os populares, unha parte dos levantamentos de reparo débense á falta de fiscalización previa. Nesta liña, explican que “non derivan da falta de medios, senón que resultan cando o Goberno se salta absolutamente todo o procedemento de contratación e fiscalización previa. Cando encargan unha obra, servizo ou subministro saltándose todos os trámites. Nin se tramita nin se contrata, soamente se manda facer e xa está, por riba de todo e de todos. E despois, cando o traballos están feitos e se facturan, é cando aparecen os reparos de Intervención, para poñer en evidencia a irregularidade cometida”.

    En terceiro lugar, engaden, “son os decretos do Alcalde os que levantan os reparos, aproban as facturas e ordenan os pagos. E só a partir de aí, o técnico pode seguir coa tramitación”.

    E por último, “toda esta documentación debe remitirse ó Tribunal de Contas cando remate o 2019, non antes; polo tanto debemos esperar ata ese momento para saber como se vai pronunciar ó respecto”.

    Con respecto á falta de diálogo e comunicación do Goberno en asuntos tan relevantes como a peatonalización do centro histórico, desde o PP lamentan que a resposta dos socialistas sexa en modo de “represalia polos supostos problemas que causou o PP coa reforma da rúa Bernardo Sagasta e sen falar coa oposición”. Os populares critican a actitude do alcalde, “os concelleiros do PP cambiamos, pero o voceiro do PSOE segue a ser o mesmo antes e agora. E non pode ser que na oposición esixa unha cousa e cando goberne actúe xustamente do xeito contrario. Hai unha falta de seriedade absoluta. Así que, se supostamente antes non falaron con vostedes, agora a represalia vai ser non falar tampouco con nós?”.

Add comment


Security code
Refresh