O PP de Silleda achaca as  críticas de Manuel Cuíña a súa negativa a dar explicacións

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda achaca as  críticas de Manuel Cuíña a súa negativa a dar explicacións

     Silleda, 30 de setembro de 2019.- O Partido Popular de Silleda lamentou as críticas dirixidas polo Alcalde por facer a súa labor de fiscalización da actuación do goberno. Esta actitude de confrontación permanente que mantén o Alcalde non e nova para os populares, “En canto preguntas calquer cousa o único que encontras por parte do Alcalde son atrancos e evasivas. Non sabemos que é o que lle molesta de que preguntemos pola actividade que leva a cabo o goberno, xa que eso e o normal. Nos en ningún momento fixemos ningunha consideración sobre os eses gastos, nin sabemos a que chismorreos se refire, pero como con calquer outros gastos temos a obriga de fiscalizalos e controlalos.”

     

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, esta actitude ven sendo a tónica xeral por parte de Manuel Cuíña, “Xa o vimos durante a lexislatura pasada, onde mentras nos destapábamos a facturación a familiares e as adxudicacións a varias empresas, ou incluso a conexión entre algúns empresarios e concelleiros e familiares do Alcalde, Manuel Cuíña o que facía era poñer cada vez máis atrancos o acceso a información por parte do noso grupo.”

    Os populares lamentaron que incluso neste pleno se negase a contestación a preguntas formuladas dende fai máis de 6 meses, e que a día de hoxe o Alcalde segue sen contestar. “É unha auténtica tomadura de pelo que despois de máis de medio ano reiterando as preguntas en distinto plenos, nos veña a decir no último pleno que non sabe cales son as preguntas que lle formulamos, cando sempre as apunta nos plenos e ademáis as sesións están grabadas, co que queda constancia sempre do que preguntamos.

    Por desgraza esta falta de transparencia ben sendo a tónica habitual nos últimos tempos no Concello de Silleda, e según os populares “Son a evidencia da cobardía dun Alcalde que ou non quere ou xa non sabe como xustificar as súas mentiras. O mínimo que debería facer e ter a valentía para dala cara e defender aquelo que fai dende o seu goberno, pero sabemos que esto e moito pedir para o señor Cuíña.”   

Add comment


Security code
Refresh