O PP de Silleda denuncia o mal estado das sendas de Vilanova

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda denuncia o mal estado das sendas de Vilanova

     

    Silleda, 2 de outubro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denunciou o mal estado no que se encontran as sendas da estrada de Vilanova que van dende o tanatorio de Silleda ata a rotonda da carretera da estación.

    Estas sendas que se encontran moi preto do centro do casco urbano atópanse invadidas pola maleza, o que fai que nalgún dos treitos os peóns casi non podan circular pola mesma e teñan que circular pola estrada, sobre todo na zona máis próxima a rotonda da carretera da estación.

    Ante esta situación o voceiro do Partido Popular Ignacio Maril, urxeu o goberno municipal a tomar as medidas oportunas para conseguir que se leve a cabo a limpeza das mesmas.”O estado no que se atopa agora non é algo puntual, é frecuente que pasen meses nese estado sen que se faga nada polo seu adecuado mantemento, o que fai que o final os veciños eviten pasear por ela. De nada vale facer obras e gastar cartos se despois se deixan a monte, por eso o Concello ten que tomar as medidas que considere máis oportunas para conseguir que este tipo de sendas se encontren en boas condicións para o seu disfrute por parte dos veciños.”

    Para os populares ademáis esta situación agravase polas especias características que ten esta senda “Este é un dos puntos no que hai que estremar os seus coidados e limpeza, xa que do contrario queda intransitable. Estamos ante unha senda que é moi estreita, e en moitos puntos case non poden pasar dúas persoas o mesmo tempo ou con un carrito pola ubicación das farolas, polo que si aínda por riba se deixa que a maleza invada boa parte da mesma, o final fai que os veciños que pasean por ela, teñan que ir pola estrada co perigo que eso conleva.”

Add comment


Security code
Refresh