O PP destaca que fronte ás 97 iniciativas que os seus deputados e senadores presentaron esta lexislatura, o PSOE non fixo ningunha

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP destaca que fronte ás 97 iniciativas que os seus deputados e senadores presentaron esta lexislatura, o PSOE non fixo ningunha

    • “Os deputados e senadores do PP da provincia de Pontevedra estivemos traballando. Pola contra, Sánchez só visita Galicia en campaña electoral”, critica Ana Pastor.
    • “Hai un partido, que é o do Goberno, que non presentou nin unha soa iniciativa desta provincia. O PSOE non pode celebrar esta rolda de prensa porque non teñen nada que ofrecer”.
    • “A Sánchez non lle importa someter ao país a unhas novas eleccións porque leva moitos meses preparándose e utilizando ás institucións deste país en beneficio propio”.

     

    03, outubro, 2019.- Os deputados e senadores do Partido Popular pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, Diego Gago, Miguel Fidalgo e Elena Muñoz, fixeron esta mañá balance do seu traballo durante esta lexislatura, “meses de inestabilidade pero nos que nós estivemos traballando para defender os intereses desta provincia”, destacou Pastor.

    Así, puxo en valor que o PP presentou 2.513 preguntas escritas, mentres que o PSOE non presentou ningunha. E con respecto á provincia de Pontevedra, as iniciativas dos deputados populares foron 97, e do PSOE cero. Por grupos parlamentarios, outras iniciativas _as que non son escritas_ PP 195; PSOE 23; Ciudadanos, 90; Podemos, 146 e Vox, 34. “O PP presentou ata 97 iniciativas que recollen as necesidades elementales para esta provincia. E hai un partido, que é o do Goberno, que non presentou nin unha soa iniciativa. O PSOE non pode celebrar esta rolda de prensa porque non teñen nada que ofrecer”, engadiu Diego Gago.

    Algúns dos temas que os populares defenderon en Madrid foron relacionados cos orzamentos e investimentos de Galicia, co emprego, a seguridade vial… Presentaron unha proposición non de lei para crear unha nova titulación de Formación Profesional educativa como canteiro e mestre canteiro, algo que afecta de cheo á Escola de Canteiría desta provincia e ao seu alumnado. Outro dos exemplos, sinalou Pastor, foi  presentar unha proposición non de lei para dar continuidade á senda peonil en Poio entre a área recreativa da Seca e Combarro. Tamén pediron apoio do Goberno central ao Xacobeo 2021; solicitaron catro peticións de informe sobre seguridade vial, sobre liberación do sistema ferroviario e saber si vai afectar ou non á provincia, tamén sobre o novo proxecto de construción da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica en Arbo, a subestación eléctrica en Vigo… Preocupáronse pola comisaría de Redondela, a circunvalación de Pontevedra, a problemática do xabaril e, entre outros, tamén pola Praza de Abastos de Cambados.

    “O PSOE intentou en todo momento que o Parlamento non tivese actividade, pero nós a pesar delo traballamos duro polos temas que importan a Pontevedra. A súa estratexia foi intentar trasladar á opinión pública a sensación de que todo o parlamento e todos os deputados son responsables de que non haxa actividade parlamentaria e acordo para formar goberno”, denunciou Pastor.

    “Os deputados e senadores do PP da provincia de Pontevedra estivemos traballando. Pola contra, Sánchez só visita Galicia en campaña electoral. Pero o que realmente nos importa é que se tiveran preocupado neste tempo polo emprego, polos problemas que temos coa industria, por poñer en marcha políticas para a xente moza, para os parados de longa duración, para as mulleres, e, en definitiva, que xeraran novas oportunidades para esta provincia que é do que nós falaremos esta campaña”.

    FINANCIACIACIÓN AUTONÓMICA

    Con respecto ao financiamento autonómico, Pastor dixo que “era unha tomadura de pelo para Galicia” os bandazos que deu o Goberno socialista. “E agora querrán sacar da chistera, en precampaña, un real decreto ou o que lles faga falta como excusas de mal pagador, e ademais intetará poñerse unha medalla para darnos aos galegos o que nos deben”.

    Tamén incidiu neste tema a senadora Elena Muñoz. “Para nós é especialmente grave, porque asistimos ao ataque máis grande que pode facer o Goberno de España contra o noso estado autonómico. Foi directamente á base, contra o principio fundamental da constitución que é a autonomía financeira. Tomou a broma o financiamento das comunidades autónomas e esqueceu algo tremendamente importante, que é que son elas as que soportan o pilar base do noso estado de benestar, da sanidade, da educación e dos servizos sociais. E negando a financiación ás comunidades autonómicas o que está negando é a financiación da sanidade, da educación e dos servizos sociais”.

    Ademais, recordou que durante todo “este periplo vergonzante do PSOE”, desde o primeiro momento “o PP dixo que era posible que un goberno en función aprobase un real decreto lei para dárlle ás comunidades autónomas o que era seu”, e aportaron informes xurídicos para demostralo. “Dixeron non, prexudicando a todas e especialmente a Galicia con eses 700 millóns. Antes non e agora si, que cambiou agora? Descubriuse a gran mentira destes meses, o que non querían era pagala. Non era unha decisión técnica, foi unha decisión política para utilizar os cartos das comunidades autónomas, entre elas Galicia, os cartos da sanidade, da educación e dos servizos sociais para financiar a súa precampaña electoral a unhas eleccións que o PSOE buscaba”.

    REPETICIÓN DE ELECCIÓNS

    Os deputados e senadores populares tamén se referiron á repetición das eleccións, “entendemos que os cidadáns están enfadados por ter que volver ás urnas, pero tamén teñen que saber que hai un culpable, que é o PSOE.  Non fixo absolutamente nada neste ano e medio”, criticou Fidalgo.

    Ana Pastor incidiu no “bochorno de asistir a unhas eleccións anticipadas por intereses dun partido, a un mes de eleccións municipais e europeas e gastando máis cartos que de facerse todas o mesmo día, e agora lévanos á repetición de eleccións. Quería gobernar España en solitario con 126 deputados, e as contas non salen”. O problema, sinalou, é que “a Sánchez non lle importa someter ao país a unhas novas eleccións porque leva moitos meses preparándose e utilizando ás institucións deste país en beneficio propio”.

    Por último, Diego Gago puxo en valor á candidata do PP ao Congreso por Pontevedra, “unha persoa con facilidade para chegar acordos e iniciativas, unha líder respectada non só no noso partido, senón tamén no resto de formacións. O noso valor seguro é Ana Pastor, e os pontevedreses deben telo en conta. Cando reflexionen sobre que persoas queren que os representen, que pensen en Ana Pastor”.

Add comment


Security code
Refresh