O PP pide á Deputación que escoite aos veciños de Dimo e atenda as súas demandas e necesidades reais

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide á Deputación que escoite aos veciños de Dimo e atenda as súas demandas e necesidades reais

    • Sinala que sobran a metade dos redutores de velocidade e faltan as beirarrúas.
    • Cuestionan a instalación masiva de redutores de velocidade que resultan ser un obstáculo e un prexuízo máis que unha solución para este lugar.

     

    07 outubro, 2019.- Deputados provinciais do Partido Popular reuníronse, xunto ao voceiro local do PP, Iván Caamaño, cos veciños de Dimo para escoitar de primeira man as súas críticas en relación coas obras que a Deputación está realizando na EP 8703 e, concretamente, coa instalación de redutores de velocidade.

    Os deputados escoitaron e pasearon xunto a veciños pola última das obras da Deputación, unha instalación de ate 18 redutores de velocidade nun tramo de menos de un quilómetro de estrada. Os veciños están moi enfadados por non ser escoitados por parte do organismo provincial nin polo concello, naquel momento gobernado tamén polo PSOE. En verdade, a proximidade dos redutores, a súa altura e emprazamento fan que sexan un verdadeiro atranco e estorbo á hora de circular con vehículos. “Moitos redutores e, ademais, mal feitos, esta situación é unha vergonza”, declaran veciños do lugar, que se queixan de que non contasen en ningún momento coa súa opinión ao respecto deste proxecto.

    A voceira do grupo provincial Pepa Pardo, que se achegou ata Dimo xunto a Javier Tourís, Paz Lago e Alejandro Lorenzo, cuestionou que “en lugar de apostar por medidas para garantir a seguridade viaria como a creación de beirarrúas, apostaron por colocar de xeito masivo redutores de velocidade que resultan ser un obstáculo e un prexuízo máis que unha solución para este lugar”. Por iso, “piden que desde a Deputación se escoite aos veciños, e que atendan as súas demandas e necesidades reais. 18 redutores nun tramo de menos de un quilómetro parece esaxerado”. Ademais, sinalou que cando se xuntan 500 sinaturas en contra desta actuación e a favor da construción de beirarrúas, nun lugar no que viven 700 veciños, significa que hai un clamo importante que debe terse en consideración e non mirar cara  outro lado.

    Desde o PP local, Iván Caamaño incidiu tamén nesta liña. “Non é normal que se fixera esta actuación sen contar cos veciños. O que queren os nosos veciños son as beirarrúas que tanto se levan prometido para que poidan camiñar con seguridade e non polas cunetas”. Por iso, os populares emprazan a Carmela Silva a que “se achegue ata Dimo, que dea un paseo pola zona, que fale cos veciños e que deixe de tomar decisións desafortunadas desde os despachos. Fai falta máis traballo de campo. Aquí sobran a metade dos redutores”. Ademais, engade, “a Deputación non pensa nos veciños á hora de tomar decisións. Carmela, dende o seu despacho en Pontevedra, pretende gobernar a provincia sentada no seu sillón sen ver as necesidades que verdadeiramente ten a provincia. Así, concellos como Catoira, sofren diariamente pesadelos e obras terribles con malgasto de cartos que non serven para nada, e que se converten en atrancos para quen realmente teñen que sufrir a ineptitude do goberno provincial”.

    Ademais, apuntan desde o PP que “veciños e corporación están de acordo”, e recordan que “todos os grupos municipais aprobaron por unanimidade unha moción do PP, polo que no próximo pleno da Deputación de Pontevedra os deputados farán un rogo para que sexa atendida esta demanda”. Nese pleno, o ex alcalde socialista, Alberto García, excusouse dicindo que esa obra, era absoluta e total responsabilidade da Deputación, mentres que o actual alcalde do BNG, admitiu que a culpa era do seu deputado Uxío Benitez.

Add comment


Security code
Refresh