María Ramallo e Javier Guerra serán os líderes da candidatura do PP no 10N

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • María Ramallo e Javier Guerra serán os líderes da candidatura do PP no 10N

    • O vigués Diego Gago manterase no número 2 da lista e o redondelán Javier Bas incorpórase como número 3
    • A pontevedresa Pilar Rojo repite na candidatura do Senado, na que figura tamén Santiago Rodríguez Dávila 
    • Alfonso Rueda: “Temos unha candidatura magnífica. Saímos a gañar e coas mellores perspectivas”
    • Ramallo: “Ana Pastor ensinounos unha forma de ser e de facer política. Todo o que sei do Congreso débollo a ela”

     

    07, outubro, 2019.-  María Ramallo e Javier Guerra liderarán a candidatura do Partido Popular de Pontevedra ás eleccións xerais do 10 de novembro. Así o anunciou hoxe o presidente provincial, Alfonso Rueda, despois da celebración do comité electoral provincial en Pontevedra, que aprobou as listas por unanimidade.

    Tanto María Ramallo, alcaldesa de Marín, como Javier Guerra, ex conselleiro de Industria, teñen experiencia nas Cortes Xerais, xa que ambos foron deputados en pasadas lexislaturas, o que constituirá un valor á hora de desenvolver o seu labor parlamentario e defender os intereses da provincia.

    Así pois, na lista do Congreso, o número 1 será para María Ramallo, o 2 para o vigués Diego Gago, o 3 para o ex alcalde de Redondela Javier Bas, o 4 para a vilagarciana Elena Suárez, o 5 para o concelleiro estradense Juan Constenla, o 6 para Miguel García González e o 7 para Ana Cristina Pérez Cabaleiro.

    No Senado formarán a candidatura Javier Guerra, de Vigo; Pilar Rojo, de Pontevedra, e Santiago Rodríguez Dávila, de Salceda de Caselas

    Rueda cualificou a candidatura como “magnífica”. “Saímos a gañar e coas mellores perspectivas, que esperamos facer realidade. Temos como cabeza de lista á alcaldesa máis votada de Galicia. Vén dunha terceira maioría absoluta cun apoio absoluto e unánime”, sinalou o presidente provincial, quen aludiu ás mensaxes de felicitación recibidas nas últimas horas por parte de membros destacados do partido unha vez que se foi coñecendo o nome de Ramallo.

    Pola súa parte, a número 1 ao Congreso agradeceu o recoñecemento que supón a decisión do partido. “Sei que todo é debido ao excelente resultado que lles debo aos veciños de Marín”, afirmou a alcaldesa, antes de aclarar que pensa compatibilizar os dous cargos, apoiada no equipo que formou no Concello nos últimos 8 anos.

    Tanto Rueda como Ramallo tiveron palabras de eloxio para Ana Pastor, que finalmente ocupará o segundo posto na circunscrición de Madrid. “É un recoñecemento á súa traxectoria e ó seu prestixio”, sinalou Rueda, quen recalcou a oportunidade que iso supón para Pontevedra. “Desde o seu posto vai seguir defendendo a súa provincia. Sempre exerceu de pontevedresa e vaino seguir facendo. O que para calquera outro partido sería un contratempo serio e un problema, o PP de Pontevedra converteuno nunha oportunidade”, afirmou o presidente provincial.

    Nos mesmos termos se pronunciou Ramallo. “Ana Pastor ensinounos unha forma de ser e de facer política. Todo o que sei do Congreso débollo a ela. Espero aportar ese coñecemento, esas ganas e  esa ilusión”.

Add comment


Security code
Refresh