Ángel Moldes propón un gran acordo político para elaborar unha estratexia que permita a Poio chegar aos 20.000 habitantes

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ángel Moldes propón un gran acordo político para elaborar unha estratexia que permita a Poio chegar aos 20.000 habitantes

    • O portavoz do PP chama ao resto dos grupos a crear un grupo de traballo para «situar a Poio na primeira fila dos Concellos da provincia e de Galicia na próxima década», en colaboración con veciños, colectivos e con todo o tecido social do municipio.
    • Moldes recorda as vantaxes da clasificación de “Concello de primeira Categoría” por poboación, como a mellora de servizos e infraestruturas, o aumento de ingresos e de recursos económicos e ter maior peso na comarca «para poder defender mellor os nosos veciños e veciñas».
    • Moldes pide medidas para incentivar o empadronamento, en particular, de moitos veciños que viven en Poio pero administrativamente figuran como residentes noutros concellos, e subliña que a diferencia doutros municipios, «nós os habitantes xa os temos, só temos que traballar para que se convirtan en veciños de pleno dereito de Poio e convencelos de que teñen moito que gañar e moito que aportar».

     

    8 de outubro de 2019. O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, chamou este martes ao resto dos grupos municipais a «un gran acordo entre todas as forzas políticas do concello» para elaborar unha estratexia consensuada que permita que Poio alcance, nos próximos anos, a cifra de 20.000 habitantes, o que á súa vez significaría «un avance nunca visto para o noso concello» que situaría Poio «na primeira fila dos Concellos da provincia e de Galicia».

    Tras coñecer os últimos datos provisionais de poboación, que outorgan a Poio a maior cifra oficial de habitantes da súa historia, con 17.083 persoas, Moldes amosou a súa satisfacción, se ben subliñou que «o número real de xente que vive en Poio é moito maior, e temos que facer un esforzo común para que esa realidade se reflexe nas estatísticas».

    Así, o voceiro popular anunciou que nos próximos días proporá a creación, dentro dun órgano xa existente, como a Comisión Informativa de Facenda, dun grupo de traballo que reúna todas as forzas políticas e que colabore con veciños, colectivos e con todo o tecido social e económico de Poio con medidas para promover o empadronamento de veciños e, moi especialmente, das moitas familias que xa viven en Poio na práctica pero administrativamente figuran como residentes noutros concellos cercanos, unha situación moi común en parroquias como San Salvador e lugares como A Caeira ou Boavista: «Temos a gran vantaxe de que nós os habitantes xa os temos», explicou o voceiro popular, «e só temos que traballar para que se convirtan en veciños de pleno dereito de Poio e convencelos de que teñen moito que gañar e moito que aportar».

    Moldes subliñou a necesidade de estar en contacto permanente un contacto constante con asociacións de veciños e colectivos sociais, culturais, e económicos, e avanzou, entre as medidas posibles, incentivos para que, alomenos, se empadrone en Poio un dos membros da unidade familiar que xa reside no noso municipio pero que estatísticamente agora mesmo aparece empadronado noutro concello.

    O lider popular recordou as enormes vantaxes que suporía acadar a clasificación de “Concello de primeira Categoría” por poboación -denominación dos concellos de máis de 20.000 habitantes-, como a mellora de servizos e infraestruturas, o aumento de ingresos, de peso na comarca e na provincia e, sobre todo, «dispoñer dos instrumentos e os recursos para poder defender os nosos veciños».

    Moldes puxo como exemplo o aumento nas cantidades que o concello pasaría a recibir dos Presupostos Xerais do Estado e dos orzamentos da Xunta, ademais do aumento de capacidade para atender as necesidades da veciñanza, como a obriga de dispoñer «dun servizo propio de bombeiros, de ter maiores e mellores instalacións deportivas e culturais, de poder garantir uns servizos e infraestruturas dignas para todos os núcleos, e unhas relacións co resto de administracións privilexiadas».

    O voceiro da primeira forza política do municipio recalcou que, con 20.000 habitantes oficiais, Poio pasaría a estar entre os 25 concellos máis poboados de Galicia e no 5% dos concellos máis poboados de España, o que conlevaría un aumento de influencia en federacións como a FEGAMP, a FEMP e outras entidades: «É positivo para o concello,beneficioso para os veciños e está na nosa man».

    Finalmente, Moldes pediu deixar este asunto fóra do debate político e de liortas partidistas, e pediu un gran consenso para acadar un obxectivo «bo para todos» e que permitirá «dar un salto de calidade nos servizos que se prestan á veciñanza e na nosa capacidade de atender as necesidades da xente de Poio, de resolver os seus problemas e de mellorar o seu día a día, que debe ser sempre a nosa prioridade».

Add comment


Security code
Refresh