Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP sinala que a sentenza que volve a dar a razón a Sanxenxo demostra que houbo un reparto arbitrario dos fondos da Deputación

    • Cubela recorda que a través dos plans Deporemse e Reequilibrio repartíronse 7 de cada 10 euros entre concellos gobernados por PSOE e BNG.
    • Pide ao Bipartito que deixe de malgastar cartos da Deputación en recursos e canto antes se poña a disposición do Concello de Sanxenxo para acometer a obra canto antes.

     

    28, xullo, 20.- O grupo provincial do Partido Popular di que coa segunda sentenza que volve a dar a razón ao Concello de Sanxenxo no reparto dos fondos Deporemse da Deputación demostra “que si houbo un reparto arbitrario e interesado dos fondos provinciais”, tal e como denunciaron os populares nos últimos anos. O voceiro, Jorge Cubela, di que “esta sentenza é a evidencia de que o Bipartito utilizou os fondos da Deputación para beneficiar a aqueles concellos gobernados por PSOE e BNG, fronte aos do Partido Popular tanto no plan Deporemse como no Reequilibrio”.

    Nesta liña, recorda que a través destes plans a Deputación repartiu 7 de cada 10 euros entre concellos con gobernos afíns ao Bipartito. É dicir, dos 29 millóns de euros que se repartiro, 17,5 millóns de euros se gastaron en concellos gobernados por PSOE ou BNG. “Había un claro interese político, e agora se demostra con esta sentenza que se excluíron proxectos en concellos gobernados polo Partido Popular que cumprían con todos os requisitos formais e puntuación”.

    “Este é o reparto obxectivo do que Carmela Silva presumía día si e día tamén, e que queda totalmente cuestionado con esta sentenza do TSXG”, afirma. Cubela pide que deixen de malgastar os cartos da Deputación en recursos e alegacións e canto antes se dea resposta a este segundo fallo xudicial. “Solicitamos que se poñan a disposición do Concello de Sanxenxo para facer canto antes a obra e deixar de privar aos veciños dun investimento que debería estar xa executado, e que avala a lei.

    A sentenza do TSXG ratifica a condena á Deputación de Pontevedra a concederlle ao Concello de Sanxenxo unha subvención para mellorar o entorno do colexio de Portonovo, despois de excluílo do Plan Deporemse en 2018.