Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que Carmela Silva e o seu goberno se soben o soldo en plena pandemia sanitaria, social e económica

    • Din que son os orzamentos “da vergoña”, “un despilfarro” que prevé o aumento dun 4,6% nos soldos da presidenta e dos deputados, e o incremento de 2 novas dedicacións.
    • Os catro deputados do PP que reciben dedicación parcial renunciaron, a través dun escrito presentado hoxe mesmo no rexistro, a que se lles aplique este incremento.

     

    17, novembro, 2020.- O grupo provincial do Partido Popular fixo esta mañá unha primeira análise dos orzamentos que a Deputación de Pontevedra presenta para o ano 2021, e amosouse totalmente “sorprendido”, porque “resulta incomprensible que un orzamento que debería estar preparado para loitar contra a pandemia e axudar aos concellos, aos colectivos e aos sectores económicos, se esqueza totalmente deles. É un orzamento totalmente alonxado da  realidade desta provincia”.

    Así o explicou o voceiro dos propulares, Jorge Cubela, que xunto aos deputados Pepa Pardo e Alejandro Lorenzo, dixo que o “máis escandaloso, inmoral e indigno” do documento é que “o Bipartito de Carmela Silva e do BNG propoñan, en plena pandemia sanitaria, económica e social, o aumento das dedicacións dos deputados de 14 a 16, case 70 mil euros máis que en 2020”. Pasan dun gasto de 614.483,56 euros a 681.418,50 euros no reparto de soldos na Deputación de Pontevedra, un 11% máis.

    Un auténtico despilfarro que inclúe ademais o aumento do 4,6% no soldo de Carmela Silva e do resto de deputados, cando a variación do IPC vai ser negativo. “Con esta medida política, en medio de aprobación de ERTES por parte das empresas, coa hostalería pechada, coas cifras de desemprego que temos, co peche de negocios... Carmela Silva hoxe retrata ao seu goberno, que non representa aos pontevedreses. Non merecen o soldo que gañan nin o que van a aumentar”.

    Cubela dixo que “si xa foi escandaloso a subida do soldo do Goberno de Pedro Sánchez e de todos os seus ministros, o Goberno máis numeroso da historia, Carmela Silva e o seu goberno están subindo o seu soldo cinco veces máis”.

    Por iso, Pepa Pardo adiantou que os deputados do PP que teñen dedicacións parciais xa rexistraron por escrito un documento no que reclaman que se paralice esta subida dos soldos dos deputados e, no caso de que o Goberno persista con esta medida, non se lles aplique aos deputados populares para que non se incremente nin un céntimo, como tampouco se incrementou o soldo do Goberno galego.

    “Esta subida é indigna e inmoral, non se axusta á realidade económica e social, e por iso nós renunciamos expresamente a ese incremento nos orzamentos da vergonza. Mentres as familias pontevedresas se aplican o cinturón, o Goberno da Deputación nos sorprende cun premio para si mesmos”, engadiu.

    Ademais, o PP anunciou que presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos que a Deputación presenta no pleno deste venres, “porque estamos nunha situación excepcional que precisa dunhas contas excepcionais, e o que presenta este goberno é unha subida de soldos e un documento totalmente continuista. Si en 2020 era malo para a provincia, en 2021 está moi afastado dos retos que necesitamos”.