Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP solicita ao Tripartito unha actuación integral na rúa Lameiriña de Raxó  

    • Os populares levarán a pleno as demandas dos veciños, que están “cansos de denunciar” socavóns, inundacións e problemas de seguridade e “que non se faga nada ou se responda con parches”
    • Ángel Moldes reúnese con afectados e tilda de incomprensible que a rúa sexa unha das máis deterioradas de Poio cando hai unha actuación de 200.000 euros aprobada e anunciada desde 2018: “Non é un problema orzamentario senón de xestión e de vontade política”.
    • Os afectados denuncian graves desperfectos en casas e vehículos, inseguridade e problemas de mobilidade polo pasotismo do Concello: “Os veciños pagamos impostos e queremos solucións aos problemas que temos”.

     

    12 de xaneiro de 2021. O PP esixirá ao Tripartito unha actuación integral na rúa Lameiriña de Raxó mediante unha moción que se debatirá no Pleno de xaneiro  e que recollerá as demandas dos residentes na zona.

    O portavoz do PP, Ángel Moldes, anunciouno esta mañá despois dunha visita á rúa, acompañado de varios afectados e membros do PP local, durante a que comprobou de primeira man “unha problemática que os veciños levan anos denunciando sen que o Concello os escoite”.

    “Os veciños están cansos de sufrir, ano tras ano, socavóns, inundacións, e que desde o Concello non se lles escoite ou se responda con parches”, lamentou Moldes, que rildou de incomprensible que a rúa sexa “unha das máis deterioradas de Poio” cando hai unha actuación de humanización, por importe de 200.000 euros, aprobada e anunciada desde 2018: “Non é un problema orzamentario senón de xestión e de von-tade política”.

    O popular destacou que o PP tamén levou a comisión o estado da rúa en varias ocasións, con peticións de mellora da seguridade vial e a mobilidade, solución aos problemas de recollida e canalización de augas pluviais e fecais que provoca a inundación de viviendas, ou a reposición dun espello no cruce coa PO-308, “pero o Tripartito non dá ningunha solución”.

    Moldes espera que a presentación da moción sirva “para que se actúe dunha vez, para que se escoiten as demandas dos afectados” o antes posible. “Os veciños xa esgotaron todas as vías e agora no pleno poderán comprobar se o Tripartito ten intención de facer algo”.

    OS AFECTADOS, “FARTOS” DO “PASOTISMO” DO TRIPARTITO

    Moldes estivo acompañado por veciños da rúa e propietarios de vivendas afectadas, que detallaron as consecuencias do estado da rúa, como asolagamentos na calzada e dentro das casas, desperfectos nas fachadas e nos cristais polas pedras e a auga que levantan os coches, averías nos vehículos, inseguridade para coches e peóns, e graves trastornos aos máis de 100 veciños da rúa e ás persoas e vehículos que a transitan.

    “Hai veciños que teñen que cambiar as ventanas ou pintar a casa varias veces o ano por culpa desta situación, desperfectos pola humidade, xente que deixa medio coche nos baches”, relatou unha veciña, indicando que “por moito que chames ao Concello eles nunca veñen”, “un pasotismo incrible”.

    Nas últimas semanas, ante o pasotismo do Tripartito, os propios residentes tiveron que sinalizar e tapar os socavóns con caixas e outros elementos pola seguridade de peóns e conductores, e o Concello chegou a parchear algún socavón, pero, como explicaron os afectados “O concello asfaltou uns fochancos e outros non” pero foi unha chapuza “e aos dous días xa volve estar levantado o asfalto”.

    Os veciños lamentaron a actitude dos membros do Tripartito: “Estamos cansados de que non nos fagan caso, de que todo lles dea igual” e esixiu unha actuación: “Os veciños pagamos impostos e queremos solucións aos problemas que temos”.