Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA SOLICITA O ARRANXO DUNHA FAROLA NO CRUCE DA RÚA TRASDEZA COA RÚA PROGRESO

    Silleda, 18 de febreiro de 2021.- O Partido Popular de Silleda solicitou que se repare, de maneira urxente, a farola que se atopa xunto o semáforo no cruce da rúa Trasdeza con Progreso.

    Dende o PP denuncian que esta farola leva meses sen a súa luminaria e sen que dende o Goberno municipal se faga nada por reparala. “Se isto é o que ocorre no centro da vila, nun dos cruces máis utilizados polos veciños de Silleda, aínda peor é a situación no rural e en calquera das nosas parroquias”, sinala o voceiro Ignacio Maril. Nesta liña, lamenta que  “ao Goberno municipal isto non lle importa o máis mínimo, o único que lle importa é utilizar os cartos de todos os veciños para as súas grandes obras, e se mentres os veciños teñen que andar a escuras, que se aguanten”.

    Os populares alertan de que “esta situación non é nova, xa que pasou o mesmo con outra farola que se atopaba fronte ao concello”, e por ison critican “que se descoide por sistema” o mantemento dun servizo público esencial como o alumeado. “Non estamos falando de ningún capricho, estamos falando dos servizos máis elementais que se lle deben garantir aos nosos veciños. “Estamos falando de seguridade, e non require dun gasto elevado, polo que non podemos entender que se tarden meses en acometer estas reparacións, e aínda menos nesta época do ano na que temos moitísimas horas de escuridade e nun cruce que ten moitísimo tráfico, polo que dispor dunha boa iluminación resulta  fundamental. Estamos ante unha demostración máis de que a este Goberno non lle importan o máis mínimo as necesidades dos veciños, o único que lles move son os seus intereses, e do demais pasan ata seis meses antes das eleccións”.