Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP esixe ao Tripartito que respecten os acordos do Pleno sobre o PXOM: “Menos mesas e máis papeis”

    • Solicitan o cumprimento da moción do PP aprobada onte por unanimidade, que obriga ao Goberno local a trasladar á Comisión de Urbanismo toda a documentación do PXOM e darlle aos veciños información e a posibilidade de participar no documento.
    • Cochón resumiu a situación do novo PXOM, encargado en 2008 e ante a parálise e a opacidade dos sucesivos gobernos: “Trece anos. Catro gobernos con tres partidos distintos, bipartitos, tripartitos... Dúas empresas. Dous concelleiros de urbanismo. Catrocentos mil euros... e cero papeles”.
    • O PP solicita ao tripartito menos mesas e máis documentos e recorda que en 13 anos, non fixeron nin un simple comentario sobre o novo PXOM.

     

    Poio, 31 de marzo de 2021.  O PP esixiu este mércores ao Tripartito que “respecten os acordos do Pleno” e trasladen de forma inmediata á Comisión municipal de Urbanismo a documentación do novo PXOM, informen aos veciños do documento e inicien un proceso transparente e participativo para que o século XXI chegue ao Concello, tamén en materia de urbanismo, tal como se recolle na moción popular aprobada onte por unanimidade: “O obxectivo é que Poio teña un PXOM para todos e non para uns poucos como pretende o Tripartito”.

    A concelleira popular Rocío Cochón, que defendeu a moción, destacou que o novo PXOM encargouse no ano 2000, e “despois de 13 anos e dun custo de máis de 400.000 euros, non pasou nin un só papel pola Comisión de Urbanismo”.

    A popular resumiu a parálise e a falta de transparencia dos gobernos de BNG, PSOE e Avante Poio: “Trece anos. Catro gobernos con tres partidos distintos, bipartitos, tripartitos... Dúas empresas. Dous concelleiros de urbanismo. Catrocentos mil euros... e cero papeles”,

    Cochón recordou que a moción aprobada onte por unanimidade “non recolle a creación de ningunha mesa de seguimento” senón que obriga ao Tripartito a levar a documentación e o debate “a onde corresponde, á comisión de urbanismo”, e sorprendeuse de que agora “queiran montar non sabemos que mesa cando a comisión de urbanismo se reúne cada semana e nos últimos 13 anos “non fixeron un só comentario nin trouxeron un só documento do novo PXOM”.

    Cochón subliñou que “a comisión de urbanismo, que é o órgano legal, onde están representados os veciños, con presencia proporcional de todos os grupos e que se reúne cada semana para abordar a situación urbanística do concello”, e descartou calquera outra mesa ou ocorrencia do Tripartito: “Nós imos participar onde corresponde legalmente, na comisión de urbanismo, pero non imos ser cómplices dun teatro”.

    A popular expresou a súa convicción de que “o tripartito xa ten preparado un PXOM, que foi elaborando en “reunións de trasteiro” e o que pasa é que teñen medo a facelo público, e por iso o PP vai esixir a máxima axilidade e a máxima transparencia no procedemento, tal e como se recolle na moción, “para que o que saia adiante sexa un Plan Xeral de todos e non un PXOM para uns poucos”.

    No pleno, Cochón, repasou os 13 anos de ocultismo e mentiras desde que se encargou o PXOM en 2008, e lamentou os cartos e as oportunidades perdidas por Poio pola incapacidade dos sucesivos gobernos: Cando preguntamos hai anos se existía un documento, o negaron.

    En 2013 o valedor do Pobo dictaminou que non había transparencia, logo negaron a entrega do documento da aprobación inicial”, e agora falan dunha mesa: “A Comisión de Urbanísmo reúnese cada semana. Son 52 comisións ao ano, logo nestes 13 anos tiveron máis de 600 oportunidades de dar un papel e non o fixeron”, indicou Cochón: “así que menos mesas e máis papeis”

    Cochón lamentou así mesmo que no pleno de onte Agís dixese que o PXOM non pode pasar por comisión de urbanismo para evitar especulacións e recordoulle a Agís que “a especulación aparece cando non hai transparencia” e cando en vez de amosar o PXOM na comisión de urbanismo, o debaten en reunións de trasteiro: “Despois de ver como algunhas persoas levan anos comprando montes enteiros, estamos ansiosos por ver como quedan eses terreos no novo documento”.

    A moción insta ao goberno local “a trasladar á Comisión de Urbanismo, á maior brevidade posible, toda a documentación relativa ao contrato para a actualización do PXOM”, así como recoller as achegas dos grupos da corporación.

    O texto tamén esixe que se informe aos veciños “sobre o estado actual da tramitación” mediante reunións informativas nas distintas parroquias e núcleos, e abrir un proceso participativo para que a veciñanza e os colectivos poidan facer aportacións ao plan, e por último axilizar a tramitación do novo PXOM e garantir información puntual sobre un proceso “que deberá ser transparente e aberta a veciños, colectivos e membros da corporación”.