Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA ALERTA DA ROTURA DO CARRIL BICI DA BANDEIRA

     

    Silleda, 30 de marzo de 2021.- O Partido Popular de Silleda alertou de desperfectos no carril bici na rúa Louras da Bandeira, dende fai aproxidamente unha semana sen que dende o Concello se faga nada por repáralo a pesar do evidente perigo que supón para os veciños que transitan por este punto.

    A pesar de non levar máis de catro anos executado os desperfectos escomezan a manifestarse nesta vía, o que deixa en evidencia as deficiencias constructivas durante a súa execución, “Chámanos a atención como se produceu este deterioro que se deixa ver tamén noutros puntos da vía, pero curiosamente aquí vese como queda a vista parte dun poste que non se quitou no seu momento, se non que se cubreu coa vía o que é unha auténtica chapuza que pode estar detrás do que agora acontece.”.

    Dende o Partido Popular de Silleda esta e unha mostra máis de como se levan a cabo as adxicacións e execucións das obras no Concello, e esperan que se pidan explicacións e responsabilidades de inmediato a empresa adxudicataria “Dende o Concello teñen que pedirse explicacións e debe revisarse a obra a conciencia para ver si esta circunstancia se repite noutros puntos do trazado desta vía, e a empresa adxudicataria debe responder desta chapuza. Sabemos da especial relación que ten o Alcalde con esta empresa, pero esta circunstancia non pode ir en perxuicio dos veciños. O que fixeron e unha chapuza e deben solucionala de inmediato.”.

    Os populares recordaron tamén que xa no seu día pediron que se instalasen medidas de seguridad complementarias que ata o de agora o Concello segue sen ter en conta, “Este tramo de vía ciclista ten un desnivel polo seu extremo de máis de un metro, e xa ten habido algún susto por algunha caída, pero dende o Concello como con todo fan oídos xordos, supoñemos que ten que pasar algo grave para que o Concello faga algo, e aínda así como con algún percance que ocurreu no parque seguen sen facernos caso.”.

    O voceiro do Partido Popular lamentou que dende o Concello non se faga nada para solucionar estes problemas e pideulle o Alcalde que se poña a traballar para solucionar estes problemas, “Non sei como non se lles cae a cara de vergonza de presumir de que teñen moitos cartos cando o estado de moitos espazos públicos e lamentable porque non fan lle o máis mínimo mantemento. Si teñen cartos e porque non dan un pau a auga, e non fan o que teñen que facer, porque si o fixeran o noso Concello estaría doutra maneira.”.