Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • PLENO ORDINARIO a DEDO pola Alcaldesa de Porriño

     

    Porriño a 6 de Abril de 2021. A convocatoria  da sesión Ordinaria non respecta nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin  o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración e  quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado ( Pleno), constituíndo motivo de NULIDADE dos acordos adoptados, así o presentamos onte por rexistro e pedindo o Informe so Secretario Municipal.

    Un Pleno ordinario do mes de Marzo que se celebrou o pasado mércores 31  e que  foi suspendido por decisión da Alcaldesa de Porriño, convócase unha semana despois, sen respectar nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin  o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración, engadindo a exclusión dunha integrante da corporación Municipal na convocatoria do Pleno,negando así a que exerza o seu dereito fundamental , todo isto  por decisión da Alcaldesa de Porriño que a exclúe da convocatoria por chamala “mentireira”, algo que o seu propio grupo usou media hora antes no mesmo Pleno en reiteradas ocasións, sen advertencia algunha da Alcaldesa, e todo isto coa complicidade dos seus socios de goberno e investidura.

    O Art. 87 do  ROF. “ Toda sesión, sexa ordinaria ou extraordinaria, haberá de respectar o principio de unidade de acto e procurarase que termine no mesmo día do seu comezo. Se este terminar sen que se debateron e resolvido todos os asuntos incluídos na orde do día, o Presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos haberán de incluírse na orde do día da seguinte sesión”.

    O que non é posible é suspender a sesión e continuala ao día seguinte ou seguintes, pois con iso infrínxese o principio de unidade de acto e constitúese unha ilegalidade, entendemos pois que o que procede  é convocar  unha nova sesión, con carácter extraordinario, incluíndo na súa orde do día os asuntos que quedaron pendentes , se hai razóns de urxencia e expoñendo os motivos, pero cumprindo os acordos plenarios sobre periodicidade , horas, prazos establecidos e coa totalidade da Corporación Municipal, non a escollida pola Alcaldesa ao seu criterio e elección.

    A convocatoria  da sesión  non respecta os dereitos dos concelleiros e concelleiras, nin os acordos plenarios, nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración e  quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado ( Pleno), constituíndo motivo de NULIDADE dos acordos adoptados, algo que pode ser alegado por calquera sobre os acordos que se leven a cabo .

    Hoxe neste Pleno quedará claro quen se atopa á beira dunha Alcaldesa que esta á deriva, que nada fai por Porriño e as súas parroquias, é unha Alcaldesa que o que fai o fai  a dedo e en beneficio das empresas que nada teñen que ver co noso Porriño  , a propósito e coa complicidade dos seus socios de goberno, algo do que o Partido Popular do Porriño non será  complice, nin asistirá a unha nova obra de teatro  deste goberno Municipal.