Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela pide á Deputación de Pontevedra que desbroce a maleza das estradas provinciais

    • O deputado visita a EP-7103 Cerdedo-Castro-Quireza para amosar a falta de mantemento nas estradas “niqueladas” de Carmela Silva.
    • Denuncia que a Deputación deixou sen rematar a substitución dun muro de sostemento, actuación que comezou durante o confinamento.

     

    10, xuño, 21.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reclama á Deputación de Pontevedra un plan de limpeza para as estradas provincias. Coa chegada do bo tempo, Cubela sinala que é urxente e necesario que se reforce o mantemento destas vías. “Falta limpeza das cunetas e tarefas de desbroce”, e pon como exemplo a EP-7103, que une Cerdedo-Castro-Quireza.

    “A maleza está comendo a estrada, e si xa hai tramos estreitos polos que apenas collen os coches, a situación empeora e vólvese máis perigosa coa maleza que crece nos bordes. Son estas as estradas niqueladas de Carmela Silva?”, engade.

    Refírese así o deputado a que cada vez que nun pleno provincial o PP traslada as reclamacións dos veciños e críticas sobre o estados das estradas provinciais, Carmela Silva sempre presume de que están “niqueladas”. Por iso, Cubela considera que “chegou o momento de que salga da AP-9 e percorra a rede de estradas provinciais que ten a Deputación, principalmente nos concellos do rural, porque vai levar moitas sorpresas”.

    Ademais da falta de mantemento, Cubela tamén denuncia que a Deputación ten unha obra sen acabar desde o primeiro estado de alarma nun dos tramos desta estrada. Explica que durante o confinamento, a Deputación comezou a substituír un muro de sostemento que estaba totalmente deteriorado nunha das curvas da estrada, pero a día de hoxe, máis dun ano despois, a obra está aínda sen rematar. Ademais, refírese tamén ao malestar dos propietarios da finca, que cederon gratuitamente para poder anchear a estrada, e na que continúa abandonado o aglomerado do recheo e as pedras.