Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O comité executivo do PPdeG conta con 25 pontevedreses

    • Cun equipo renovado, a provincia incrementa a súa presencia na nova executiva galega
    • A presidenta da Federación de Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra e secretaria xeral do PP de Cerdedo-Cotobade, Raquel Touriño, é a nova vicesecretaria de Igualdade
    • O conselleiro Julio García Comesaña é o novo coordinador de Sanidade

     

    Pontevedra, 19 de xuño de 2021.- O novo comité executivo do Partido Popular de Galicia conta cun total de 25 pontevedreses, o que supón o 32% da executiva. Nesta nova etapa, o presidente Alberto Núñez Feijóo renovou o 72% dos representantes non natos da provincia,  e situou a Raquel Touriño nunha das seis vicesecretarías executivas. A Secretaria Xeral do PP de Cerdedo-Cotobade e presidenta da Federación de Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra, será neste novo equipo a vicesecretaria xeral de Igualdade.

    Así o anunciou o presidente dos populares galegos durante o XVII Congreso do PPdeG que, pese a estar convocado en Pontevedra finalmente se celebrou en Santiago de Compostela por mor da situación sanitaria, e no que se elixiu o novo comité executivo do partido. Entre os coordinadores, Núñez Feijóo renovou a súa aposta polo deputado autonómico Alberto Pazos, do PP de Redondela, para área de Organización. Tamén repiten na executiva o deputado nacional Diego Gago e Teresa Ejerique, ambos dos populares de Vigo, que exercerán de coordinadores de Acción Institucional e de Cultura, Turismo e Comercio, respectivamente. Incorpórase nesta etapa o actual responsable de RRSS  do PPdeG, Eduardo Galván, do PP de Poio, que foi elexido coordinador de Novas Tecnoloxías. Pablo Ferradás (Lalín), Alberto Escobar (Pontevedra), Avelino Souto (Lalín) e Pablo Fernández (Pontevedra) desempeñarán os cargos de coordinadores de Acción Institucional, Política Europea, Medio Rural e Emprego, xunto ao vigués Daniel Benavides que estará ao frente da área de Deportes.  Destaca o nomeamento do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que será o novo coordinador de Sanidade.

    Os delegados da Xunta en Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, son dous dos catro vogais por designación do presidente. Pola súa parte, María Ramallo, alcaldesa de Marín, Jorge Cubela, voceiro provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Pepe Crespo, alcalde de Lalín, e Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, son vogais electivos, xunto á vicevoceira do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, e o deputado provincial e voceiro do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo.

    Como vogais natos, no comité executivo inclúense o presidente provincial, Alfonso Rueda, xunto a Ana Pastor, Iago Acuña, Rafael Domínguez, Corina Porro e Alfonso Marnotes.

    Núñez Feijóo apostou por un equipo renovado, no que repiten só 7 representantes electos da provincia. Cabe destacar tamén o nomeamento como Presidente de Honra, dun pontevedrés destacado, Mariano Rajoy Brey.

    En canto á Xunta Directa do Partido Popular de Galicia, o presidente dos populares designou para formar parte da mesma ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, á alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, aos alcaldes de A Estrada e Crecente, José López e Julio César García, e ao exalcalde de Vigo, Manolo Pérez.