Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Cubela sobre os fondos Next Generation: "O Goberno de Sánchez debe rectificar e non abandonar aos veciños e veciñas da provincia"

    • O voceiro pide ao Goberno da Deputación de Pontevedra que demostre que defende os intereses dos veciños e veciñas da provincia e esixa unha rectificación ao Goberno do Estado.

     

    09, setembro, 21.- O voceiro provincial, Jorge Cubela, mostrou hoxe a súa disconformidade cos criterios de reparto dos fondos Next Generation que deixan á marxe do financiamento europeo á meirande parte dos concellos da provincia e de Galicia. 

    "O Goberno de Sánchez decidiu unilateralmente excluir aos municipios de menos de 50.000 habitantes da aplicación destes fondos europeos para actuacións municipais en materia de mobilidade, unha inxección económica imprescindible para que os concellos poidan avanzar na transformación e modernización das súas infraestruturas", explica o voceiro, que incide en que deixa fóra a todo os concellos pequenos e medianos da provincia, pero tamén a Marín, Ponteareas, Vilagarcía, Redondela, Cangas, A Estrada e Lalín.

    Cubela precisa que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non contempla as peculiaridades de Galicia á hora de repartir estes fondos, deixando sen acceso a estas axudas a máis do 97% dos concellos galegos. "Na provincia de Pontevedra tan só as dúas cidades, Vigo e Pontevedra, poderán beneficiarse destes fondos. O resto da provincia non existe para o goberno do Estado", insiste, "Abandonar aos municipalismo deste xeito é un erro político de dimensións históricas e maiúsculas".

    O voceiro súmase ás reclamacións da Xunta e dos máis de 150 alcaldes e alcaldesas que solicitan ao Goberno do Estado que rectifique e faga un reparto xusto e equilibrado destes fondos e chama á Deputación de Pontevedra a sumarse a esta reclamación, en defensa dos concellos da provincia. "O Goberno de Sánchez debe rectificar", conclúe Cubela, "Os alcaldes e alcaldesas de todas as cores políticas e o Goberno da Deputación de Pontevedra, cuxo fin primeiro é defender os intereses dos pequenos e medianos concellos, debemos unirnos para lembrarlle ao Estado que os nosos veciños e veciñas teñen os mesmos dereitos que os das cidades de máis de 50.000 habitantes. É o momento de significarse e demostrar que está ao servizo dos pontevedreses e non é una mera sucursal do PSOE”.