Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda insiste en que Goberno central e Concello deben dar unha solución ás 5.000 familias prexudicadas polo peche de Ence

    • Di que si o Goberno quere realmente empezar a practicar unha transición enerxética xusta, ten en Ence unha excelente oportunidade para demostralo e concretar solucións que eviten o peche e a deslocalización de investimentos cara Asturias.

     

    11, setembro, 21.- O candidato a presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reclama ao Goberno central que si realmente quere empezar a practicar unha transición enerxética xusta, ten en Ence unha “excelente” oportunidade para demostralo, concretando solucións que eviten o peche da empresa e a deslocalización dos investimentos cara Asturias.

    Foi durante a reunión que mantivo onte pola noite en Pontevedra con compromisarios da cidade que van participar no 18 Congreso provincial do próximo sábado. Rueda lamenta que, ata o de agora, para o único que serviu a súa transición enerxética en Galicia foi para pechar fábricas e subir a factura da luz, sendo a industria, os pemes, os autónomos e as familias os grandes prexudicados.

    O popular insiste en que deben ser Goberno central e Concello de Pontevedra quen deben dar unha solución urxente e seria ás 5.000 familias prexudicadas polo peche da pasteira, xa que foron os que provocaron esta situación. “O Concello de Pontevedra di que non ten competencias para crear emprego, pero o que está claro é que si as ten para destruílo”.

    Ademais, recorda que o PP ten a mesma preocupación que os traballadores e o seu obxectivo é garantir a continuidade da planta de Lourizán na súa localización actual. “Non estamos falando dunha empresa que pecha porque non funciona. A Ence péchana, e os responsables nin buscan solucións nin amosan a mínima empatía por todas esas persoas que están vendo como se trunca o seu futuro laboral”.