A Xunta Directiva provincial celebrada o 8 de xuño en Pontevedra acordou a convocatoria do 19º Congreso Extraordinario do PP de Pontevedra, que se celebrará o 9 de xullo.
Ademais, tamén se pecharon outros detalles como o número de compromisarios e os integrantes da Comisión Organizadora.
Composición do Comité Organizador do 19º Congreso (COC):
Presidente |
|
Alberto Pazos |
Vicepresidenta |
|
Ana Cristina Pérez |
Secretaria |
|
Marta Mariño |
Vogais |
|
Silvia Junco |
|
Juan Andrés Bayón |
No 19 Congreso do PP de Pontevedra participarán un total de 690 compromisarios, dos que 552 son electos -17 deles integrantes de NNXX- e 138 son natos, entre os que se inclúen os membros da Xunta Directiva provincial e os integrantes da COC.
INSCRICIÓN NO CONGRESO
Para a participación no proceso congresual e poder votar ao candidato/a á presidencia do PP de Pontevedra e aos candidatos a compromisarios, é imprescindible estar inscrito no Congreso.
Na medida en que moitos afiliados xa realizaron o proceso de inscrición aos Congresos de ámbito nacional e autonómico, e co obxectivo de simplificar o procedemento e garantir a participación, consideraranse automaticamente inscritos aqueles afiliados que xa o estiveran no XX Congreso Nacional do PP e/ou no 18º Congreso do PP de Galicia.
Aqueles afiliados que non tomasen parte en ditos congresos, poden realizar a inscrición ata o 23 de xuño cumprimentando o formulario de inscrición e presentándoo presencialmente na sede provincial ou por correo electrónico.
Ademais, os afiliados que queiran inscribirse como participantes no proceso electoral e como compromisarios poden facelo, cumprimentando o correspondente formulario e entregándoo na sede provincial ata o 24 de xuño.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS
Desde o xoves 16 e ata o luns 20 de xuño, os afiliados que desexen optar á presidencia do partido poden presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada de 75 apoios. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidatos, abrirase unha campaña interna de oito días, entre o 22 e o 29 de xuño.
______________________
FOLLA DE APOIO A PRECANDIDATO (descargar aquí)
FORMULARIO DE INSCRICION ELECTOR (descargar aquí)
FORMULARIO COMPROMISARIO (descargar aquí)
______________________
REGULAMENTO DO CONGRESO (descargar aquí)
______________________
PROCLAMACIÓN DE PRECANDIDATURA (descargar aquí)