Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Meis traballa para resolver o problema da ubicación do novo Centro de Saúde

    • Propoñen que se constrúa nun solar edificable, enfronte do actual centro médico da Rochela, no mesmo lugar que o actual e nun terreo que se adapta ás características que pide o Sergas para esta dotación.

     

    Meis, 6 de xaneiro de 2021.-  O Partido Popular de Meis presentou ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a súa proposta para resolver a ubicación do novo Centro de Saúde de Meis.

    Os populares propoñen que a nova infraestrutura sanitaria se constrúa nun solar edificable, enfronte do actual centro médico da Rochela, porque consideran que é a localización máis axeitada para contruír o novo edificio, no mesmo lugar que o actual e nun terreo que se adapta ás características que pide o Sergas para esta dotación.

    Recordan que desde a Consellería de Sanidade xa amosaron a súa disposición para que Meis conte cun novo centro, cunha maior carteira de servizos sanitarios.