Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rexeitada por maioría a alegación do BNG por culpa da que se retrasa un mes a entrada en vigor do novo orzamento

    • O goberno popular mosense lamenta “o paripé dos nacionalistas, co único obxectivo de que o orzamento non entrase en vigor o pasado 29 de decembro, perxudicando á veciñanza, xa que hai obras de moita importancia que verán retrasada a súa contratación por este motivo”
    • O Pleno do Concello de rexeita as alegacións ao orzamento para 2022 que contan con informe técnico desfavorable e aproba definitivamente o documento. As alegacións presentadas foron desestimadas pola maioría dos membros da Corporación: 11 votos a favor do rexeitamento (PP e edís non adscritos, Verónica Costas e Román González) e 6 votos en contra (PSOE, GañaMos e BNG).

     

    Mos.- O BNG de Mos alegou a necesidade de incrementar unha partida orzamentaria sobre a que, na aprobración inicial, presentara unha enmenda solicitando a súa reducción, algo que o goberno local considera contradictorio. Ademais, a alegación dos nacionalistas foi informada desfavorablemente por parte de Intervención e a plena confianza na técnico competente redundou na desestimación da mesma.

    Deste xeito o ozamento municipal anual queda aprobado definitivamente, e entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP. Un mes máis tarde do que o faría de non terse producido a mencionada alegación. Posto que, de non existir alegacións, o documento aprobado inicialmente en Pleno do mes de novembro, xa quedaría definitivamente aprobado tras a exposición pública, sen ter que ser levado de novo ao Pleno.

    É por elo que a alcaldesa popular mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde, voceiro e presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, lamentaron que “desde o BNG se amosen en desacordo co informe da Interventora” e piden “que as alegacións sexan un pouco máis serias e coherentes e, se presentan unha enmenda nun sentido, logo non presenten unha alegación no sentido contrario”. Así mesmo a rexedora local insistiu en “darlle as grazas ao BNG porque con isto o único que buscaban era retrasar un mes a aprobación definitiva do orzamento”. “A do Bloque non se trata dunha alegación ben argumentada, cun estudo exhaustivo previo, nin digna para que desde Intervención se considerase tela en conta. Trátase dun paripé co único obxectivo de que o orzamento non entrase en vigor o pasado 29 de decembro, polo tanto a quen lle está facendo daño é aos veciños de Mos, xa que hai obras de moita importancia que verán retrasado o inicio do seu proceso de contratación por este motivo, entre outras cuestións”, concluíu Arévalo.

    Datos do orzamento

    O orzamento municipal para 2022 ascende a 13 millóns de € (2 millóns de € superior ao de 2021).

    É un orzamento que se caracteriza por ser o máis ambicioso da historia do municipio. Unha vez máis aprobado inicialmente en tempo e forma antes do remate do exercizo en vigor. Realista (ingresos axustados ao Padrón). O primeiro de Arévalo que inclúe un plan de inversións. O máis alto da historia en gasto social (o de 2022 é orzamento máis elevado da historia de Mos en gasto social, superando os 2 millóns de euros (1,6 millóns de euros en 2021). Investindo en dependencia do Servizo de Axuda no Fogar 1,4 millóns de euros (300.000 € máis que no ano 2021)). E cunha suba xeral en tódalas partidas.

    Este ozamento, o máis elevado da historia do municipio, trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora derivábanse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.