Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA RESPONSABILIZA A CUÍÑA DE AGRAVAR A SITUACIÓN DO SAF

     

    Silleda, 11 de xaneiro de 2022.- O Partido Popular de Silleda apuntou o Alcalde Manuel Cuíña como único responsable da situación creada co Servizo de Axuda no Fogar, “O Alcalde leva moito tempo mirando para outro lado co tema do SAF e agora teran que pagar todolos silledenses pola falta de control sobre este servizo.”.

    Dende as filas populares preguntáronse porque o Alcalde a pesares de ter coñecemento do que estaba pasando co servizo, decideu prorrogarlle o contrato a concesionaria no pasado mes de setembro, “Naquel momento o señor Cuíña xa sabía os problemas que estaba habendo, porque xa empezaban a chegar os embargos o Concello, e coñecía os problemas das traballadoras, e sin embargo decideu mirar para outro lado e prorrogarlle o contrato a empresa concesionaria, ¿Cales eran os intereses do señor Cuíña?, ¿Por qué non fixo nada e acordou a prorroga do contrato cando tódolos grupos lle pedíamos que solucionara antes os problemas? El saberá, pero as sombras tendo en conta quen traballa de responsable nesta empresa, son moitas, e a responsabilidade do Alcalde cada vez máis clara.”.

    Para os populares a prórroga do contrato veu a complicar toda a situación xa que agora terase que xustificar a resolución do contrato, “En setembro todo era moito máis doado, xa que non había que xustificar nada, con non acordar a prórroga do contrato era suficiente. Agora vemonos con un contrato moi deficiente e con tódolos problemas que conleva a resolución dun contrato dunha concesión pública, e aínda por riba cunha situación económica que durante estes cinco meses se foi agravando día a día xa que as debedas e os incumprimentos se van acumulando.”.

    Para o voceiro popular as declaracións do señor Cuíña son o mellor reflexo de que todo o que veu decindo ata o de agora en relación co SAF era unha burda mentira, “Dixo que él non podía facer nada porque o Concello non tiña nada que ver, dixo que non sabía nada cando estaba pagando os embargos dos xuzgados, e agora ven de salvador decindo que o Concello poñera todo as contas o día antes de volver a licitar o SAF, como si él estuvese salvando o servizo, sen embargo a realidade e que o que vai a facer e pagar cos cartos de tódolos silledenses a súa nefasta xestión e os seus caprichos. O Concello e responsable do servizo e por eso esta obrigado a pagar, e cada día que pasa por haberse acordado a prórroga do contrato, salenos un pouco máis caro a tódolos silledenses, que teremos que pagar cos nosos cartos as manganchadas do señor Cuíña.”.