14, xuño, 22.- O popular Fernando Pérez tomou esta mañá posesión da súa acta no Parlamento de Galicia, converténdose así no novo deputado autonómico da provincia. Pérez ocupa deste xeito o escano que deixou vacante Alberto Núñez Feijóo.
Fernando Pérez naceu en Caldas de Reis en 1967. Economista e administrador concursal, desde 1992 ten unha asesoría de empresas e axencia de seguros.
Candidato á alcaldía polo PP nas municipais de 2019, desde entón é concelleiro e voceiro do grupo municipal.