Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP di que o deterioro da Casa de Cultura de Vilariño no é un caso illado, o estado do centro de Corvillón “é aínda peor”

    • Reclaman ao Goberno local “menos escusas e máis traballo: “O mantemento destes centros culturais é unha competencia municipal, e aquí hai un abandono e deterioro de moitos anos”.

     

    20, xaneiro, 2023. O Partido Popular de Cambados di que o deterioro da Casa de Cultura de Vilariño no é un caso illado no concello, e engade que o estado do centro de Corvillón “é aínda peor”. A voceira e candidata popular, Sabela Fola, visitou a Casa da Cultura desta parroquia e comprobou que “teñen un cubo recollendo a auga que cae do teito e o chan está cuberto de auga. As paredes e os teitos están cheos de moho, e tiveron que mover as estanterías e apilar os libros para evitar que se danasen. O mobiliario, ademais, está inservible”.

    Por iso, reclama ao Goberno local “menos escusas e máis traballo”, e recorda que os centros culturais non chegaron a esta situación de repente. “O mantemento destes centros culturais é unha competencia municipal, e aquí hai un abandono e deterioro de moitos anos. En dous mandatos non fixeron absolutamente nada, deixaron que os edificios chegasen a esta situación e agora intentan botar balóns fóra acusando á Xunta de Galicia”. Para a popular, “é evidente que este Goberno está moito máis cómodo confrontando que xestionando os seus recursos”, e cuestiona que “en oito anos fosen incapaces de atopar financiamento para manter ou renovar estas instalacións, nin na Xunta nin na Deputación de Pontevedra. O certo e verdade, é que isto di moito da falta de xestión e de iniciativa do Goberno local”. 

    Ademais, recorda que “para recibir subvencións, hai que solicitar axudas e facelo correctamente. Que as poucas axudas que este Goberno solicita veñan rexeitadas, cando outros moitos concellos de todas as cores políticas as están recibindo, é porque algo non se está facendo ben”.

    Con todo, recorda que anualmente o Concello de Cambados recibe da Xunta o Fondo de Cooperación Local, que é un fondo incondicionado, de maneira que o importe recibido opera como un recurso propio e pode ser destinado ao que os concellos queiran, sen ter que xustificar os gastos.