Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA DESENVOLVERÁ UN CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON ALZHEIMER E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS CON ENFERMIDADES MENTAIS CO FIN DE MELLORAR A VIDA DE ENFERMOS E AS SÚAS FAMILIAS.

    • Os populares entenden que este centro é unha necesidade xa para os veciños de Silleda e para aquelas familias que teñen persoas con esta doenza nas casas e que en moitos casos precisan de información e asesoramento para mellorar a atención dos mesmos e igualmente mellorar a súa propia calidade de vida.

     

    Silleda, a 23 de maio do 2023.- O Partido Popular de Silleda ven de anunciar que de chegar á alcaldía fará un esforzo forte para poñer en marcha un Centro de atención a persoas con alzheimer e outras cuestións relacionadas con enfermidades mentais co fin de mellorar a vida tanto dos enfermos como das súas familias.

    O PP entende que hoxe en día este é un dos problemas principais que hai que atallar dende as institucións e que merece a pena facer todo o que sexa posible para atender a aquelas persoas, maioritariamente xente maior, que perden as súas facultades e polo tanto acaban converténdose en grandes dependentes aos cales as veces é difícil darlle unha correcta resposta asistencial.

    O Candidato a alcaldía Ignacio Maril, cree que este centro é tan necesario para os enfermos como para as súas familias, xa que “as enfermidades mentais acaban sendo un traballo complexo para quen atende, ao non saber a veces como afrontar unha enfermidade que deixa sen identidade a aquelas persoas que queren e que deixan de ser o que sempre foron, pero que para eles sempre serán os mesmos cos que conviviron dende sempre”.

    Para todo elo, a proposta dos populares inclúe servizos de atención psicolóxica ás familias, a creación de grupos de axuda entre as mesmas, e charlas e cursos para os propios familiares ou coidadores onde poidan formarse en como afrontar a enfermidade dos seus achegados.

    “Será un centro de referencia tanto para Silleda como para toda a comarca, con obradoiros de estímulo, e que ofreza incluso un programa de respiro e descanso para familiares e coidadores. Non esquecemos a información e o asesoramento incluso en cuestións legais como as incapacidades ou os dereitos ás axudas a dependentes, pretendemos cubrir todo o espectro de necesidades das familias que sofren desta enfermidade no seu seo.”, afirma Maril.