Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda aposta por Javier Bas para que Redondela volva estar en boas mans

    24 de maio de 2023. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro en Redondela co candidato á alcaldía, Javier Bas, e membros do seu equipo, entre os que se atopa o vicesecretario de Familia do PPdeG, Alberto Pazos.

    Durante o encontro, o candidato á alcaldía tivo a oportunidade de trasladarlle a Rueda os proxectos que ten pensado poñer en marcha en Redondela a partir do 28 de maio e nos que demandou o apoio do Goberno galego. Neste sentido sinalou a construción dunha EDAR, a segunda fase da travesía de Chapela ou as melloras no conxunto BIC de San Simón e Santo Antón.

    Bas reivindicou que ten o proxecto, o equipo e as forzas para que “unha Redondela onde os veciños sexan os protagonistas” poida facerse realidade. Salientando tamén a súa aposta decidida por dar voz ás parroquias, mellorar a transparencia e a limpeza, apoiar ao deporte, poñer en marcha o servizo de emerxencias, aprobar o PXOM e mellorar os servizos sociais.