Marea e BNG dan o prace ao “escándalo da auga”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Marea e BNG dan o prace ao “escándalo da auga”

    • Na sesión da Mesa de Contratación celebrada na mañá de hoxe non compareceron os representantes de Lagares Oca para explicar o novo informe que muda o 63% das puntuacións que asinaran hai un mes.
    • O Partido Popular instou á suspensión do procedemento de licitación, e votou en contra da valoración feita pola empresa privada Lagares Oca, que non foi contratada pola Mesa de Contratación.

     

    Pontevedra 19, marzo, 2018.- “O escándalo da auga continúa adiante gracias a Marea e BNG”. Deste xeito, o portavoz popular, Jacobo Moreira criticou as posturas amosadas hoxe por ambos grupos municipais durante a Mesa de Contratación celebrada esta mesma mañá sobre o contrato máis importante, tanto economicamente (ata 213 millóns de euros) como de duración (20 anos), para o Concello de Pontevedra.

    O Grupo Popular instou á suspensión do procedemento de licitación, tal e como avanzou a pasada semana, e votaron en contra da valoración feita pola empresa privada Lagares Oca SL. “Consideramos que dito documento debe estar elaborado polos funcionarios municipais e non por unha empresa privada”, reiterou Moreira, quen lembrou que o informe parte cunha falsedade que vicia de inicio todo o procedemento xa que a Mesa de Contratación acordou dar traslado aos servizos técnicos municipais, “non á empresa privada Lagares Oca S.L. tal e como aseguran no encabezado deste documento público”.

    Na sesión da Mesa de Contratación celebrada este luns non compareceron os representantes desta empresa privada para explicar o novo informe, que muda o 63% das puntuación que asinaran hai un mes. “Resulta curioso que non estiveran defendendo o novo documento”, apuntou o edil popular tras poñer de manifesto “o escaso rigor que vén a demostrar o novo informe”. “Das 30 xanelas da tabula global de valoración, modificáronse as puntuacións de 19 delas”, destacou, “a pesar de que o que se lles solicitara na sesión anterior era que corrixiran os erros e motivasen as valoracións”, engadiu. Con todo, Jacobo Moreira insistiu “o BNG e a Marea son os que están a levar a cabo o escándalo da auga en Pontevedra”.

Add comment


Security code
Refresh