O PP cualifica de “fracaso estrepitoso” a aplicación práctica do plan revitaliza da Deputacion polo incremento dos residuos que envía a provincia de Pontevedra a SOGAMA e o seu alto custe económico

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP cualifica de “fracaso estrepitoso” a aplicación práctica do plan revitaliza da Deputacion polo incremento dos residuos que envía a provincia de Pontevedra a SOGAMA e o seu alto custe económico

    • Ángel Moldes manifestou o convencimento do Partido Popular na aposta pola reciclaxe e o compost, pero asegura que “un análise obxectivo dos datos entre os anos 2015 e 2017 de aplicación do Plan podemos comprobar como despois de gastar máis de 5 millóns de euros non se están facendo ben as cousas a xulgar polos resultados negativos que arroxa”.

     

    Pontevedra, 21 de marzo de 2018.- “O Revitaliza, plan estrela da Deputación de Pontevedra para baixar os residuos é un rotundo e estrepitoso fracaso a xulgar polos datos obxectivos entre os anos 2015 e 2017 que confirman un incremento dos residuos enviados polos concellos da provincia a Sogama pese á baixada da poboación e o seu alto custe económico, que supera xa os 5 millóns de euros sin contar cos gastos de persoal da propia Deputación”. Así de rotundo se  amosou o voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, tras analiza-los datos ofrecidos por Sogama con respecto ao número de toneladas de residuos sólidos urbáns recibidos polos concellos da provincia para o seu tratamento.

    Moldes institiu no convencemento do Partido Popular de avanzar pola senda da posta en marcha de políticas que favorezan a reciclaxe e o compost, pero indicou que “un ánalise obxectivo dos datos recopilados entre os anos 2015 e 2017, de aplicación do Plan, podemos comprobar coo despois de gastar máis de 5 millóns de euros non se están facendo ben as cousas a xulgar polos resultados negativos que arroxa”. 

    O voceiro do PP recordou que “pese a ser o Plan Revitaliza o plan estrela da “nova Deputación” dos 61 concellos da provincia só se adheriron 29 e deles só 5 (O Grove, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Vilaboa) seguen adiante na seguinte fase deste proceso cun custe que supera os 5 millóns de euros sen contar os gastos do persoal propio da Deputación, pero si contamos as viaxes, as liñas de subvencións e axudas, a compra de composteiros comunitarios, mestres composteiros, asistencias técnicas, estudios e xornadas, aluguer de instalacións para empregados, convenios con entidades privadas, etc.”.

    Os datos que aporta o voceiro do PP sinalan que en toda Galicia se produciu un incremento do 1,5%, unhas 12.000 toneladas, de residuos sólidos urbáns dos que se trasladas a Sogama para o seu tratamento. No caso concreto da provincia de Pontevedra, o estudio feito entre os anos 2015 e 2017, de aplicación do Plan Revitaliza, se comproba que “mentras a poboación na provincia de Pontevedra baixou un 0,5% o envío de residuos a Sogama dos concellos que a integran aumentou un 2,6% pese a que se está a aplicar este plan estrela da Deputación para, en teoría, reducir o que se chama a “bolsa negra” e tamén abaratar o custe aos veciños e veciñas por este servizo cando en realidade encarécese polo aumento do envío de toneladas de lixo. Este dato é curioso, mentras nas outras provincias onde tamén baixa a poboación, o envío mantense ou incluso redúcese, na provincia de Pontevedra co Plan Revitaliza en funcionamento aumenta un 2,6%”, asgura Ángel Moldes.

    “A perda de poboación na provincia é duns 5.000 habitantes, é dicir un 0,5%, pero o envío de residuos a Sogama sube un 2,6%, unhas 9.000 toneladas máis, o que deixa ás claras que non é por un aumento desmesurado da poboación que pudera condicionar estes datos obxectivos. Vemos como sucede, paradóxicamente, o contrario. Así vemos, como dato curioso, como concellos como o de Porriño, Pontevedra, Vilagarcía ou Ponteareas, adheridos ao Plan Revitaliza e gobernados polos mesmos que dirixen a Deputación Provincial, incrementan sustancialmente os seus envíos a Sogama”, afirma o voceiro do PPdeG.

    Finalmente, Ángel Moldes reitera o seu convencemento e o do Partido Popular de que “o camiño está na reciclaxe e no compost, non o dubidamos, pero o que está claro é que o bipartito ten que reflexionar con estes datos obxectivos na man e decatarse de que hai algo que non están facendo ben e que evidencia, tamén nesta área, no seu plan estrela, que non o souberon xestionar axeitadamente. Ao mellor en lugar de viaxar por media Europa, visitar plantas en cada recuncho da xeografía española deberían ver cara outras experiencias máis cercanas como a que está a levar, de xeito pioneiro, o Ministerio no concello de Cerdedo-Cotobade onde si se está a reducir o número de toneladas de residuos urbáns producidos”. 

    “Agora deben tomar medidas e fuxir do vitimismo habitual no que se suben cando a oposición do Partido Popular fai o seu traballo de control fiscalizador sobre o labor de goberno e non falar de boicots ao compost nin cousas parecidas porque saben que nin é certo nin é a solución. Aquí están os datos obxectivos agora tócalle ao bipartito reflexionar e saca-las súas propias conclusións e correxir un rumbo que leva ao buque insignia do seu goberno cara ao fracaso máis estrepitoso”, concluiu Ángel Moldes.

Add comment


Security code
Refresh