O PARTIDO POPULAR ÚNESE Á PREOCUPACIÓN VECIÑAL EN XUSTÁNS POLO PERIGO QUE PARA A SEGURIDADE VIAL SUPÓN A CONSTRUCIÓN DUN MURO SIN RETRANQUEAR POR PARTE DO CONCELLO

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR ÚNESE Á PREOCUPACIÓN VECIÑAL EN XUSTÁNS POLO PERIGO QUE PARA A SEGURIDADE VIAL SUPÓN A CONSTRUCIÓN DUN MURO SIN RETRANQUEAR POR PARTE DO CONCELLO

    • Os populares respaldan aos residentes nesta parroquia que ven con preocupación como desde o Concello non se aplican as mesmas obrigas a tódolos veciños

     

    Pontevedra, 23 de marzo de 2018.- Os concelleiros do Partido Popular de Ponte Caldelas na comisión de urbanismo e obras, uniron a súa preocupación á que expresaron os veciños de Xustáns polo perigo que para a seguridade vial supón a construción por parte do Concello dun muro que invade por completo a calzada e que incumpre a obrigada normativa de retranqueo para favorece-la liña de peche perimetral de propiedades existente na zona e permitir unha mellor e máis fluida circulación para os vehículos e peóns que utilizan habitualmente esta concurrida vía.

    Os populares respaldan aos residentes nesta parroquia de Ponte Caldelas que ven con preocupación como desde o Concello non se está a aplicar as mesmas obrigas a tódolos veciños en materia de reconstrución de muros caídos, levantamento de peches e retranqueos o que está a xerar certo malestar entre os habitantes da parroquia de Xustáns.

    Desprazados ata alí, os concelleiros do Partido Popular puderon comprobar a veracidade das denuncias públicas que lle foron trasladas ás nova Xunta Xestora Local do PPdeG quen lle manifestou ao alcalde, a través dos seus concelleiros, a preocupación por esta obra que para colmo de males foi realizada polo propio Concello de Ponte Caldelas.

    Como se pode observar, o muro construido polo Concello invade claramente a vía sobre a que limita obrigando aos vehículos e peóns a ter que esquivalo pondo en serio risco a seguridade vial na zona tanto para os automóbiles como para as persoas que habitualmente frecuentan este camiño de público de acceso ás súas vivendas.

    Os concelleiros do PP xa trasladaron esta queixa veciñal ao Concello de Ponte Caldelas co fin de que se poda emendar este problema que, ao parecer, non é o único que se produce no municipio e que pode estar motivado por unha aplicación discrecional por parte da Alcaldía da normativa vixente en materia de retranqueo.

Add comment


Security code
Refresh