O PP fai un último chamamento a participar na manifestación pola rebaixa do IBI «para conseguir pagar menos»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP fai un último chamamento a participar na manifestación pola rebaixa do IBI «para conseguir pagar menos»

    Este luns ás 20:30 h desde o cemiterio de San Xoán á Casa do Concello

    • Durante a fin de semana centos de veciños informáronse sobre a marcha persoalmente, en internet e mediante as redes sociais, o que fai pensar nunha forte mobilización.
    • Ángel Moldes recorda que as medidas propostas polo PP beneficiarán a todos os veciños e non só aos afectados pola regularización: «Son medidas realistas, solidarias coas que os veciños pagarán menos pero o concello ingresará igual».

     

    Poio, 25 de marzo de 2018. O PP de Poio fixo este domingo un último chamamento á participación na manifestación que terá lugar este luns entre o cemiterio municipal e a praza do concello e que rematará cunha concentración ante a casa consistorial para solicitar a rebaixa do IBI. 

    O voceiro popular Ángel Moldes emprazou a todos os cidadáns a participar para dar un respaldo masivo ás medidas propostas polo PP, xa que «só cun apoio masivo por parte dos veciños de Poio, conseguiremos que todos poidan pagar menos». O PP propón rebaixar o tipo de gravame do IBI urbano, –actualmente no 0,47–, ao 0,43; e o estudo da aplicación de bonificacións potestativas como as baseadas nas condicións socioeconómicas dos contribuíntes, a familias numerosas, a vivendas con sistemas de aforro de enerxía e outras. Poio é un dos poucos concellos galegos que non aplica ningunha destas bonificacións contempladas pola lei.

    Como explicou Moldes, estas medidas beneficiarían a todos os veciños de Poio, incluidos aos milleiros de familias afectadas pola regularización catastral, e ás que chegaron recibos por atrasos, nalgúns casos, de máis de 6.000 euros: «As que propoñemos son medidas realistas, solidarias e que beneficiarán aos veciños a curto, medio e longo prazo».

    Moldes recordou ademais que estas medidas non prexudican ao concello, xa que están pensadas para “compensar” o aumento de ingresos pola devandita regularización, e recordou que o Bipartito vai ingresar este ano máis de catro millóns de euros en concepto de IBI en lugar dos tres millóns que acostumbra recadar anualmente: «Nin sequera se pide rebaixar o IBI ao mínimo legal de 0,40. É unha medida que favorece aos veciños, sen demagoxias. Desta maneira as familias que pagaron a maiores este ano irán recuperando pouco a pouco os cartos e todas as demais tamén pagarán menos sen que o Concello ingrese menos do que xa recada na actualidade»

    Todo fai pensar nunha ampla mobilización este luns, xa que, segundo confirmaron os populares, centos de veciños interesáronse polos detalles da marcha persoalemente e mediante as redes sociais e outros medios. O PP subliñou que a ferramenta “ibipoio.com”, posta en marcha este mesmo venres para que os veciños calculen e visualicen os efectos da rebaixa, tamén recibiu centos de visitas, polo que «o interese é evidente», aínda que Moldes insistiu en que «para poder aprobar estas medidas fai falta un respaldo masivo da xente», e pediu a participación de todos xa que, recordou: «fai falta unha mobilización multitudinaria para que para conseguir que os veciños paguen menos».

Add comment


Security code
Refresh