O PP acusa a Mosquera de “fuxir co Plan Revitaliza cara a Bruxelas” en lugar de explicar o seu fracaso polo aumento de residuos enviados a Sogama

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa a Mosquera de “fuxir co Plan Revitaliza cara a Bruxelas” en lugar de explicar o seu fracaso polo aumento de residuos enviados a Sogama

    • Ángel Moldes pide ao vicepresidente da Deputación unha explicación racional de cómo mentras baixa a poboación en Pontevedra o seu plan estrela provoca un aumento de lixo dun 2,6% entre os anos 2015 e 2017.
    • Os populares acusan ao nacionalista de buscar unha escusa para viaxar por Europa aproveitando convites de colectivos e organizacións non gubernamentais sin representación institucional.

     

    Pontevedra, 28 de marzo de 2018.- O Partido Popular na Deputación de Pontevedra acusa ao vicepresidente Cesáreo Mosquera de “incoherencia e falla de credibilidade” trala súa “euforia por un convite dun colectivo non gubernamental a dar unha charla en Bruxelas polo Plan Revitaliza en lugar de explicar en sede provincial como despois de 2 anos de aplicación deste “programa estrela”, Pontevedra é a provincia que máis lixo produce en Galicia, con diferencia con respecto ás outras tres, e que fronte ao descenso da poboación aumenta nun 2,6% os seus aportes de residuos sólidos urbanos a SOGAMA despois de gastar máis de 5 millóns de euros nesta ocurrencia”.

    Ángel Moldes, voceiro do PP na Deputación sinalou que “antes de dar a cara diante dos veciños e veciñas da provincia de Pontevedra sobre o fracaso estrepitoso do Plan Revitaliza, o Sr. Mosquera prefire fuxir co seu plan cara Bruxelas e seguir viaxando por Europa aproveitando convites de colectivos e organizacións non gubernamentais sin representación institucional algunha, pero válelle para seguir facendo propaganda dun programa que está dando moito que falar por estar producindo, precisamente na práctica, o contrario do obxectivo polo que foi creado que era diminuir resíduos e aforrar custes aos cidadáns”.

    Moldes referiuse á súa recente comparecencia pública para analizar os datos “obxectivos” arroxados tras dous anos de aplicación do Plan Revitaliza que mereceu, segundo o voceiro popular, o cualificativo de “rotundo e estrepitoso fracaso a xulgar polos datos recabados entre os anos 2015 e 2017 que confirman un incremento dos residuos enviados polos concellos da provincia a Sogama pese á baixada da poboación e o seu alto custe económico, que supera xa os 5 millóns de euros sen contar cos gastos de persoal da propia Deputación”.

    Moldes institiu no convencemento do Partido Popular de avanzar pola senda da posta en marcha de políticas que favorezan a reciclaxe e o compost, pero indicou que hai datos que resultan chocantes e saltan á vista así, sinala o voceiro do PP, “mentras que en toda Galicia se produciu un incremento de residuos sólidos urbanos do 1,5%, unhas 12.000 toneladas, na provincia de Pontevedra, o estudio feito entre os anos 2015 e 2017 de aplicación do Plan Revitaliza, se comproba que mentras a poboación na provincia de Pontevedra baixou un 0,5% o envío de residuos a Sogama dos concellos que a integran aumentou un 2,6% pese a que se está a aplicar este plan estrela da Deputación para, en teoría, reducir o que se chama a “bolsa negra” e tamén abaratar o custe aos veciños e veciñas por este servizo cando en realidade encarécese polo aumento do envío de toneladas de lixo. Este dato é curioso, mentras nas outras provincias onde tamén baixa a poboación, o envío mantense ou incluso redúcese, na provincia de Pontevedra co Plan Revitaliza en funcionamento aumenta un 2,6%”, asegura Ángel Moldes.

    “A perda de poboación na provincia é duns 5.000 habitantes, é dicir un 0,5%, pero o envío de residuos a Sogama sube un 2,6%, unhas 9.000 toneladas máis, o que deixa ás claras que non é por un aumento desmesurado da poboación que puidera condicionar estes datos obxectivos. Vemos como sucede, paradoxicamente, o contrario. Así vemos, como dato curioso, como concellos como o de Porriño, Pontevedra, Vilagarcía ou Ponteareas, adheridos ao Plan Revitaliza e gobernados polos mesmos que dirixen a Deputación Provincial, incrementan sustancialmente os seus envíos a Sogama”, afirma o voceiro do PP.

    Ademais insiste en que “pese a ser o Plan Revitaliza o plan estrela da “nova Deputación” dos 61 concellos da provincia só se adheriron 29 e deles só 5 (O Grove, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Vilaboa) seguen adiante na seguinte fase deste proceso cun custe que supera os 5 millóns de euros sen contar os gastos do persoal propio da Deputación, pero si contamos as viaxes, as liñas de subvencións e axudas, a compra de composteiros comunitarios, mestres composteiros, asistencias técnicas, estudios e xornadas, aluguer de instalacións para empregados, convenios con entidades privadas, etc.”.

    Finalmente, Ángel Moldes reitera o seu convencemento e o do Partido Popular de que “o camiño está na reciclaxe e no compost, non o dubidamos, pero o que está claro é que o bipartito ten que reflexionar con estes datos obxectivos na man e decatarse de que hai algo que non están facendo ben e que evidencia, tamén nesta área, no seu plan estrela, que non o souberon xestionar axeitadamente. Ao mellor en lugar de viaxar por media Europa, visitar plantas en cada recuncho da xeografía española deberían ver cara outras experiencias máis cercanas como a que está a levar, de xeito pioneiro, o Ministerio no concello de Cerdedo-Cotobade onde si se está a reducir o número de toneladas de residuos urbáns producidos”.

Add comment


Security code
Refresh