O PP de Silleda acusa a Cuíña de mentir en relación co CEIP de Silleda

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda acusa a Cuíña de mentir en relación co CEIP de Silleda

    • Consultadas fontes do CEIP aseguran que dende o centro urxiron ó Alcalde a instálalo columpio adaptado antes do verán.
    • Temos constancia de que a Consellería actúa con dilixencia en relación con CEIP e a reunión solicitada, en calquer caso se quere que fagamos algunha xestión non temos inconvinte.
    • Maril di que quedou probado nesta lexislatura que Cuíña antepón os intereses Socialistas e de Carmela Silva ós dos veciños

     

    Silleda, 26 de maio de 2018.- Ignacio Maril acusa ó Alcalde de mentir en relación coa instalación do columpio adaptado no CEIP de Silleda “Unha vez máis vemos como o Alcalde minte para intentar tapar a súa inpetitude, e eludir as súas responsabilidades, e busca a confrontación coa oposición. So lle pedimos que faga o que se comprometeu en setembro que é instalar canto antes o columpio adaptado, e que non mezcle este asunto con outro para non asumir a parte que lle toca.”

    Ademáis en relación coa petición de mediación ante a Xunta para conseguir a reunión, os populares consideran que esta é outra cortina de fume. “O Concello ten que asumir os seus compromisos de mantemento do centro, indepentemente das peticións que queira elevar a Consellería.” E recórdanlle ó Alcalde que a Consellería si cumpleu con todo aquelo ó que se comprometeu no seu día para adaptar o colexio para os alumnos con necesidades especiais “Sorpréndenos que agora queira que fagamos nos as xestións diante da Xunta, cando non contou para nada con nós na reunión mantida no Concello. En calquer caso non temos ningún inconvinte en facer esas xestións si o considera necesario, xa que temos constancia de que tanto dende a Consellería como dende a Xefatura Territorial, como noutras ocasións, actúase de forma urxente nas necesidades do centro e sen atender a cores políticos. Os únicos criterios que se seguen dende a Xunta son as necesidades dos alumnos, cousa que dende o Concello por desgraza non podemos decir o mesmo.”

    Coas declaracións do señor Cuíña queda claro que non ten pensado instalar o columpio adaptado, e o único que lle importa e botar balóns fora para non asumir os seus compromisos, aínda que para elo teña que mentir. ”Que non engane a xente, si realmente lle importarán os veciños e os nenos do CEIP, o columpio xa estaría colocado dende fai meses.”

    Dende o Partido Popular recrimínanlle ó Alcalde que o que non pode facer e andar buscando a confrontación coa Xunta continuamente para buscar réditos políticos, e despois solicitarlle ó Partido Popular que vaia a solucionar as leas nas que se mete. “O mínimo que ten que facer si quere que vaiamos a algún lado e chamarnos e decirnos que é o que quere exactamente que fagamos, pero como o que quere é confrontación, sólo o dí na prensa e finalmente non nos pide nada, xa que sabe que dende o principio os que estuvemos apoiando ó centro e os intereses dos nenos somos o Partido Popular de Silleda.”

    Non deixa de resultar chamativo para os populares que o Alcalde diga que non actúa por cores políticos, xa que fai poucos meses cando o Partido Popular solicitou a través de unha moción que a Presidenta da Diputación presupuestará as axudas as que se comprometeu na prensa despois da vaga de lumes do ano pasado, o Grupo Socialista co Alcalde ó frente opusose a esta medida, a pesares de que parte deses cartos virían a parar ó noso Concello que foi un dos afectados. “Quedou comprobado que para o Alcalde e máis importante Carmela Silva e os intereses dos socialistas que os dos veciños, se non fose así pediríalle a Carmela Silva que cumplise co que se comprometeu en prensa, e fixese a aportación como fixeron outras diputacións.”

Add comment


Security code
Refresh