O PP trasladará as demandas da Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra ao Pleno

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP trasladará as demandas da Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra ao Pleno

    Tras manter unha reunión coa presidenta deste colectivo,

    • Solicitan unha maior implicación do Goberno do BNG con este colectivo para poder ofrecer unha maior visibilización das persoas xordas de Pontevedra
    • Piden contar cun local amplo no que desenvolver as súas actividades.

     

    Pontevedra 28, maio, 2018.- A concelleira popular, María José Rodríguez Teso, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra, Iria Filgueira, quen lle trasladou as distintas necesidades que precisa este colectivo na cidade de Pontevedra.

    Así, coa finalidade de acadar unha integración plena e efectiva das persoas, independientemente do tipo de discapacidade que padezcan, consideran necesario un maior investimento en medidas encamiñadas  a facilitar o empoderamento das persoas xordas ou con deficiencias auditivas por este motivo solicitan a implicación do Goberno do BNG para que esta situación poida ser unha realidade.

    Ademais, dende esta asociación piden contar un local municipal no que poder desenvolver as súas actividades. A día de hoxe, gracias a sensibilidade da AVV Pedra do Lagarto, contan cunha oficina de atención ao seus socios no Centro Leste, pero este espazo lles resulta insuficiente para poder levar a cabo as diferentes accións que vén desenvolvendo este colectivo cos seus socios.

    Dende a formación que encabeza Jacobo Moreira comprométeronse a presentar unha proposta plenaria coa que reflectir as necesidades que está asociación vén demandando nos últimos tempos. “Dende o Goberno local debe ofrecerse unha maior cobertura a este colectivo e permitir así unha mellor visibilización das persoas xordas de Pontevedra”, manifestou Rodríguez Teso, quen confían en que o resto de grupos municipais apoien as demandas desta asociación.

Add comment


Security code
Refresh