O PP denuncia que a Ludoteca de Verán de Poio xa acumula problemas «antes de comezar»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que a Ludoteca de Verán de Poio xa acumula problemas «antes de comezar»

    • Os populares trasladan as queixas de numerosos pais pola eliminación do Plan Madruga, do servizo de Comedor e pola importante redución de prazas.
    • Recordan as queixas dos pais pola desorganización e as deficiencias da edición do ano pasado e piden que se garanta que todos os locales estean acondicionados, que os servizos sexan homologados e que se priorice a seguridade e o benestar dos nenos.

     

    Poio, 28 de maio de 2018.- A concelleira do PP de Poio Nati Torres trasladou este luns as queixas de numerosos pais de Poio sobre a edición deste ano da ludoteca de verán, que xa suscita moitas dúbidas «antes de comezar».

    Torres recordou as polémicas que envolveron á organización da ludoteca o pasado ano, con denuncias dos pais e nais dos matriculados sobre a seguridade e a organización desta actividade, con queixas en particular sobre a ausencia de información sobre as responsabilidades e a titularidade da ludoteca, así como críticas sobre a falta de hixiene e outras irregularidades.

    A concelleira popular lamentou que, «se o ano pasado as críticas foron despois da Ludoteca, este ano xa se acumulan os problemas antes de comezar», coa queixa xeralizada de pais e nais de que este ano a organización reduce todos os servizos: «Os pais quéixanse de que o concello cárgase dun plumazo o Plan Madruga», lamentou Torres, que explicou que mentres noutras edicións os pais que por necesidades de traballo tivesen que deixar aos nenos a primeira hora da mañá, podían facelo desde as 7:30, unha posibilidade que este ano elíminase, xa que o horario das actividades comeza ás 8:30, unha hora despois.

    Os problemas cos horarios, agrávanse ao desaparecer o servizo de comedor, unha posibilidade que existía noutros anos, co que a conciliación este verán resultará moito máis difícil, explicou Torres: «Hai pais e nais que poden tirar de avós, tíos ou outros familiares, pero hai moita xente que non conta con ese apoio familiar», lamentou, e recordou que para poder conciliar «estes servizos son importantísimos».

    Con todo, o problema máis grave co que se atopan moitas familias é o número de prazas, xa que «mentres outros anos falaban de 500 ou 600 nenos, este ano din que só poden dar 220», denunciou Torres: «polo tanto, ou mentían antes ou que pasou para que este ano podan ir menos da metade de nenos que outros anos?»

    Torres lamentou que noutros concellos as ludotecas ofrecen horarios máis flexibles, máis prazas e, ademais, servizos e instalacións homologadas, e esixiu o mesmo para Poio: «Non podemos presumir de ser un dos concellos máis xoves da comarca e non ter servizos acordes», polo que fixo fincapé na necesidade de solucionar as críticas recibidas por parte de numerosos pais pola organización en 2017, e garantir que as irregularidades denunciadas non se volvan repetir, reclamando que «todos os servizos que se dean estean homologados, que os locais estean acondicionados adecuadamente e se priorice a seguridade e o benestar dos nenos».

Add comment


Security code
Refresh