Pese a que Elnosa tivo todo o apoio da Xunta, o Alcalde nunca tivo vontade, segundo afirmou o presidente de CUF,
Pontevedra 30, maio, 2018.- A formación popular cualifica como “desoladora” a imaxe que está a ofrecer Pontevedra aos empresarios interesados en investir no noso municipio e xerar emprego.
As recentes declaracións nun medio de comunicación do presidente do Grupo CUF, João de Mello, nas que apunta a que Elnosa encarará un novo ERE ante a imposibilidade de conseguir as licencias para facer un investimento na fábrica de Lourizán, deixan ben claro que, pese a tódalas viaxes propagandísticas que ten levado a cabo o Alcalde polo mundo enteiro, “nas páxinas económicas Pontevedra é coñecida por rexeitar un investimento millonario que xeraría máis emprego, o que acredita a imaxe internacional de Pontevedra como cidade hostil á industria”.
“Pontevedra rexistra a taxa de paro máis alta das sete grandes cidade de Galicia. A pesar destas cifras, Lores e o seu Goberno continúan sen amosar ningunha vontade por facer que estes datos cambien, incluso optan por aumentalos”, sinalou este mércores o portavoz popular, Jacobo Moreira, “o desemprego é o principal problema de Pontevedra, xa non só o dicimos nós, senón que está é a percepción da maioría dos pontevedreses e o Goberno de Lores, en lugar de tratar de mitigar esta situación segue liquidando as poucas opcións de futuro coas que conta os nosos veciños”, engadiu.
O portavoz dos populares quixo tamén hoxe amosar o seu apoio aos traballadores de Elnosa que, ante a pasividade do Goberno local do BNG, continúan coa incerteza de saber o seu futuro, no que todo apunta a un novo ERE. “En vez de loitar por manter emprego de calidade no noso municipio, Lores loita por destruílo”, manifestou. “As declaracións do máximo responsable de CUF nas que alude a que contaron sempre co apoio da Xunta en contraste coa falta de vontade do Alcalde, definen perfectamente que o PP aposta polo emprego e o BNG polo paro” sentenciou.